Onte quedou iniciada a exposición Para que les?, cuxa orixe e traxectoria se explica neste primeiro cartaz (grazas, Mesturas).
E dicimos "iniciada" porque está viva e aberta ás colaboracións de toda aquela persoa que queira deixar nela a súa pegada: alumnado, profesorado, PAS, pais e nais e calquera que nos visitar. Na exposición temos folios-modelo para deixar as respostas.
O noso agradecimento a todas as persoas colaboradoras; agradecimento especial a quen máis se implicou para que esta mostra, común en 103 Bibliotecas Escolares, sexa unha realidade:
- Implicadas no Desenvolvemento, nais da idea.
- As compañeiras Loly e Olga, autoras das publicacións que seguen e responsábeis por todo o traballo -duro e calado- de enmaquetación de cartaces e múltiplos envíos para que todo estivese hoxe como se pode ver nas diferentes Bibliotecas Escolares Galegas -e algunha non galega-.
- Jaime Eizaquirre Santillán que, xenerosamente, deseñou os cartaces.
2 comentários:
Grazas a vós tamén, un dos máis de 100 centros IMPLICADOS!!
Apertas lectoras.
Obrigados nós: por poder contribuir co traballo a crear lectores. Tal vez, deste modo, o mundo sexa un pouco millor.
Enviar um comentário