Mostrar mensagens com a etiqueta Lecturas partilladas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Lecturas partilladas. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 2 de junho de 2010

III Premio Lecturas Compartidas. Libros Que Deixan Pegada: Fallo

Premios: 
 
Expresividade: Ismael García 1º C ESO (Obra: El Camino de Miguel Delibes).

Orixinalidade: Eva López Quiroga 2º B ESO (Obra: Memorias de Idhún de Laura Gallego).

Emotividade:
Ex aequo: 
 
María García Basanta 1º B ESO (Obra: O principiño de A. de Saint-Exupéry).
Lucía Reija Sánchez 2º B Bacharelato (Obra: Twilight de Stephenie Meyer).

A entrega  de premios realizarase mañá, día 3, ás 11h15 na biblioteca. Recomendamos a asistencia de todas as persoas participantes porque haberá algunha sorpresa para participantes que, apesar de non obteren un dos tres premios, mereceron especial consideración.

Moitísimas grazas por partillardes as vosas lecturas: con vós, alimentámonos dos libros e das emocións que nos transmitides.

sábado, 1 de maio de 2010

Paula Carballeira. Impresións

Chegounos este comentario acerca do encontro con Paula Carballeira. Pola cantidade e cualidade do escrito, pola emocón que transmite, consideramos que debía estar aquí. Grazas, Tamara; grazas, Esther.

Nunca coñecera unha rapaza coma ela: alegre, simpática, aberta…
Só necesitamos uns minutos para comprender como era. Non facía máis que sorrirnos, tratábanos coma se nos coñecese de toda a vida, era coma estar con alguén co que tes moita confianza.
É unha persoa admirable, tanto pola súa forma de ser, coma polo seu traballo. Ademais de ser unha moi boa escritora, é actriz de televisión, e ata traballa nunha compañía de teatro!
Eu penso que naceu para ser escritora, sabe expresarse perfectamente,ten unha imaxinación desbordante e ademais é coma se as palabras lle saísen soas da boca, coma se tivesen vida propia! Fíxonos imaxinar historias incríbeis unicamente falando. Ten un don! Cando nos contaba algunha historia, facíanos sentir que formabamos parte da historia, que estabamos na pel dos personaxes; fíxonos sentir que a historia era real.
A actuación tamén é unha das súas moitas habilidades, é capaz de interpretar calquera sentimento ou emoción: alegría, pena, rabia, tristura… Cando ela interpreta fainos crer que todo o que di é certo porque, como ela nos dixo: “Para facer o que eu fago hai que saber mentir, pero mentir ben”.
Tiven conferencias con máis escritores pero con diferenza, coñecer a Paula foi a mellor de todas, fíxonos chorar da risa, berrar de medo, rir ás gargalladas...
Persoalmente, penso que nos fixo pasar un anaco moi divertido, e creo que todos os que estivemos con ela levamos un bo recordo dela e unha amiga para sempre.

Tamara Pérez Castro 3ºB
Fonte da imaxe

sexta-feira, 23 de abril de 2010

Dia do libro. Para que les?
























Onte quedou iniciada a exposición Para que les?, cuxa orixe e traxectoria se explica neste primeiro cartaz (grazas,  Mesturas). 
E dicimos "iniciada" porque está viva e aberta ás colaboracións de toda aquela persoa que queira deixar nela a súa pegada: alumnado, profesorado, PAS, pais e nais e calquera que nos visitar. Na exposición temos folios-modelo para deixar as respostas.
O noso agradecimento a todas as persoas colaboradoras; agradecimento especial a quen máis se implicou para que esta mostra, común en 103 Bibliotecas Escolares, sexa unha realidade:
  • Implicadas no Desenvolvemento, nais da idea.
  • As compañeiras Loly e Olga, autoras das publicacións que seguen e responsábeis por todo o traballo -duro e calado- de enmaquetación de cartaces e  múltiplos envíos  para que todo estivese hoxe como se pode ver nas diferentes Bibliotecas Escolares Galegas -e algunha non galega-.
  • Jaime Eizaquirre Santillán que, xenerosamente, deseñou os cartaces.

quarta-feira, 21 de abril de 2010

Celebracións: Dia da Terra. Dia do libro

Mañá, 22 de abril  é o Dia da Terra, conmemoración que nos recorda a obriga de protexermos o planeta, vista a crecente degradación  de que  tantas mostras, infelizmente, temos. Neste día, todos os pobos, todos nós, estamos chamados a participar en actividades promotaras da biodiversidade e da saúde do noso planeta
E, pasado mañá, 23 de abril , celebramos o Dia Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, en virtude de nesa data -ou en datas próximas, teren falecido autores como Cervantes, Shakespeare, Josep Plá, Inca Garcilaso de la Vega, vultos da creación literaria.

Reunindo ambas as conmemoracións, mañá, día 22, no noso instituto teremos diferentes actividades:
    • Na hora do recreo, en volta da exposición permanente de Ollando  na Ciencia (2º andar), alumnado e  profesorado realizaremos intervencións poético musicais baixo o tema cumún da Terra. Esperamos que o aforo fique insuficiente: iso significará que asistimos en grande número.
    • Ás 13h., no Salón de Actos, Xosé Antón Fraga, director dos Museus da Coruña, falará sobre as Pegadas da Ciencia en Galiza. Lamentabelmente -porque promete ser de altísimo interese- o acto só está destinado ao alumnado de 1º de Bacharelato, por razóns de espazo.
Información máis pormenorizada dos actos en Ollando na Ciencia.
Continuaremos informando de outras actividades próximas e relacionadas con estas.

quarta-feira, 14 de abril de 2010

III Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada

Por terceiro ano e con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas, a Biblioteca Ollos Grandes do noso instituto convoca o III Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada.

Bases
No concurso pode participar calquera persoa da nosa Comunidade Educativa.
A participación pode ser realizada de dous modos:
  • Vía Internet, por medio de comentarios a esta entrada do noso blogue ou enviando a colaboración nun documento adxunto a unha mensaxe dirixida ao correo electrónico da biblioteca (biblioteca@iesollosgrandes.org), indicando en "Asunto" o título deste concurso.
  • De forma manuscrita, nun folio en que se escriba, dentro do deseño dunha pegada, o texto participante. Este folio depositarase nunha caixa ubicada na biblioteca para tal fin.

- Trátase de compartir, con un escrito breve, emocións/opinións da persoa participante sobre unha lectura conmovente que se teña realizado.

- As participacións serán breves e poderán estar escritas en calquera das linguas que se ensinan neste instituto.

- Cada participante deberá indicar, despois do escrito, o seu nome e apelidos. Pódese participar por medio de pseudónimo; neste caso, é preciso entregar na biblioteca un sobre pechado co pseudónimo no exterior e os seus datos persoais no interior.

- O período para participar abranxe desde hoxe, 14 de abril até ao 13 de maio de 2010. A biblioteca, mediante a moderación de comentarios, resérvase o dereito a non publicar aquelas opinións que considerar inadecuadas a estas bases ou ferintes para con calquera persoa.

- O xuri estará composto polo Grupo da Biblioteca do instituto, co apoio dos departamentos de linguas.

- Outorgaranse tres premios –só a alumnado- consistentes nun vale de 75 euros para investir nunha libraría da cidade, que se indicará no día da entrega dos premios.

– De todos os escritos, premiarase a orixinalidade, a emotividade e a expresividade literaria.

quarta-feira, 24 de março de 2010

As nosas pegadas na exposición

Ollando na Ciencia dá conta da presentación dos primeiros traballos de 'Ollando na ciencia: Pegadas de diversidade'. Comezamos a nosa andaina con varios traballos do alumnado de 2º ESO e 3º ESO: Pegadas mitolóxicas, Libros que deixan pegada e Pegadas nos ecosistemas próximos.
Animámosvos a que deixedes nesta macro-exposición as pegadas que deixa en vós estoutra exposición, Xornais do Mundo, recentemente inaugurada no 1º andar.



terça-feira, 1 de dezembro de 2009

Nesta semana, tres clubes de Leitura no instituto


Si, tres: o Clube Ollos Grandes para 4º de ESO e Bacharelato,  o Clube Ollos Grandes para o resto do alumnado -en ambos pode participar calquera outra persoa da Comunidade Educativa- e o Clube Tuga- Lugo-Lendo, para leitoras e Leitores em português.
Os dous primeiros terán sesión mañá, mércores, día 2: o de "maiores" comentará, a partir das 18h00, as impresións, emocións e o que for saindo a partir da lectura de Sextinario: trinta e seis + tres,
de Marica Campo. O Clube Ollos Grandes de 2º e 3º de ESO reunirase no recreo para concretar a próxima lectura (será un relato de medo, mais non desvelamos a autoría, aínda).




Tuga-Lugo-Lendo será apresentado a todo o público interesado no próximo venres, ás 19.30, tamén na biblioteca. E non debedes perder o evento porque teremos música e poesía: poesía na voz do poeta mozambicano Silvino Lopes Évora e mornas de Cabo Verde con Édson Alves.

Este Clube, de que forman parte varias persoas deste instituto, naceu por iniciativa do Departamento de Português da EOI de Lugo e está aberto a quen desexar partillar leituras da lusofonia.

Aínda non pertences a ningún destes clubes? Pois perdes risos, emocións, conversas...Decídete!

Para ir abrindo boca, deixamos este poema,evocador de Cortázar, de Marica Campo:

Cortazaraina
Albamente, así cedo, nunha limba
ao compás dos lamurcios e na liomba
volver atrás o lámpado da glucia.
Maramando na praia, abrir o leso
a todas as lembranzas, fretar lanxios.
Nas sombras de tralén, aldar a boca.


Non sabes lumegar coa túa boca,
aprenderás cabo de min na limba
e verás como ardoran moitos lanxios.
Alí eu poñerei a nosa liomba,
ofrecereiche en cunca todo o leso
e así has coñecer un mar de glucia.


A vida éche moi longa, pouca a glucia,
cómpre salmelentar lambando a boca
para proclivecer o sol e o leso.
Agárdanos moi branca acesa limba
no medio e medio cenital da liomba
mentres, polo arredor, cantan os lanxios.


Algún día verás aquí os lanxios
a mesturar a súa e nosa glucia.
Será un albecer na grande liomba
cando o salmelentado chegue á boca.
Alí será, todo esplendor a limba,
a cantiga primeira polo leso.


Perderas as batallas polo leso,
pasaras toda a vida a buscar lanxios
lonxe do cardiomol, alén da limba.
Entreveras, quizais, algunha glucia
no tremulir do cordio cara á boca
a presaxiar o nome azul da liomba.


Un mundo de selenes vén á liomba
cando ti vas comigo polo leso
a iniciares a rolda dende a boca.
Tamén nos fan un corro silvos lanxos
e beben no moldor enteira a glucia
mentres ti soldemoras pola limba.


A túa danza, a limba nesta liomba,
do carrusel do leso leva os lanxos
a poñerche de glucia toda a boca.


sexta-feira, 29 de maio de 2009

“Lecturas compartidas”: entrega de premios

Hoxe, ás 11.15, a biblioteca recibiu un lector e catro lectoras moi especiais: Ana, Aurora, Carla Samuel e Vanesa –faltou Nadia-, que partillaron con todo o persoal do centro as “pegadas” que consideramos máis emotivas, orixinais e de mellor expresión literaria. Faustino Martín, vicedirector, fixo a entrega dos premios.

Agradecemos moito, moito a súa colaboración e a de todas as persoas participantes; tamén aagradecemos a quen leu o que nos transmitiron coas súas impresións e suxestións.

E, por favor, desculpade a cualidade das imaxes.

Boas e proveitosas lecturas

segunda-feira, 25 de maio de 2009

Fallo do premio "Lecturas Compartidas. Libros que deixan pegada"





Lidas todas as "pegadas" que concorreron até o pasado día 18 de maio ao II Concurso Lecturas Compartidas. Libros que deixan pegada, o equipo da biblioteca resolveu dividir o valor dos premios, dada a calidade das participacións. Deste modo, recibirán un cheque de 35 euros para gastar nunha libraría as seguintes persoas:



* Premio ás pegadas máis emotivas:


Carla Rodríguez Piñeiro. 1º ESO B

Vanesa Fernández Eiras. 2º BAC F



* Premio ás pegadas máis orixinais:



Aurora Castañón García-Boente. 1º ESO C

Nadia Manteiga Raposo. 2º BAC E



* Prémio ás pegadas con mellor expresión literaria:

Ana Iglesias Pardo. 1º ESO C

Samuel Darriba Real 2º BAC F

Os 15 euros restantes serán investidos na compra de presentes simbólicos para participantes que destacaron pola calidade ou pola cantidade de "pegadas" e que, no entanto, non conseguiron premio.

A entrega de premios realizarase o próximo venres, día 29 de maio, às 11.15 na biblioteca.

Nos paineis situados ao lado da porta da bilioteca, están expostas todas as "pegadas" que non participaron por medio deste blogue; as demais poden lerse nos comentarios do post da convocatoria.

Desde a biblioteca agradecemos moitísimo que teñades participado no concurso, partillando as vosas lecturas de modo tan formoso. Grazas especiais ao alumnado de 1º e 2º de ESO e de Português II por concorreren maioritariamente.

Que a lectura continúe sempre alimentando a vosa vida.

quinta-feira, 23 de abril de 2009

II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada






II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada

Con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas, a Biblioteca Ollos Grandes do noso instituto convoca o segundo Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada, ben através deste blogue, nos comentarios a este post, ou por medio dun folio-modelo para preencher que se encontra na biblioteca e que será devolto no mesmo lugar.

Bases:

- No concurso pode participar calquera persoa da nosa Comunidade Educativa.

- Trátase de compartir, con un escrito breve, emocións/opinións da persoa participante sobre unha lectura conmovente.

- As participacións serán breves e poderán estar escritas en calquera das linguas que se ensinan neste instituto.

- Cada participante deberá indicar, despois do escrito, o seu nome e apelidos. Pódese participar por medio de pseudónimo; neste caso, é preciso entregar na biblioteca un sobre pechado co pseudónimo no exterior e os seus datos persoais no interior.

- O período para participar abranxe desde hoxe, 23 de abril até ao 18 de maio de 2009- A biblioteca, mediante a moderación de comentarios, resérvase o dereito a non publicar aquelas opinións que considerar inadecuadas a estas bases ou ferintes para con calquera persoa.

- O xuri estará composto polo Grupo da Biblioteca do instituto, co apoio dos departamentos de linguas.

- Outorgaranse tres premios –só a alumnado- consistentes nun vale de 75 euros para gastar nunha libraría.

– De todos os escritos, cada vale premiará, a orixinalidade, a emotividade e a expresividade literaria.


sábado, 8 de novembro de 2008

¿Quién se ha llevado mi queso?




Por suxestión da profesora de Economía, Mar Neira, parte do alumnado leu este libro que, tamén grazas a Mar, chegou neste ano á biblioteca.
Unha das lectoras é Tania Fernández Navia, de 1ºE de Bacharelato, que xenerosamente partilla connosco as conclusións a que chegou. Moitas grazas, Tania.

La vida es un cambio continuo. Desde que nos levantamos cada mañana hasta que nos acostamos por la noche miles de cosas cambian o toman un nuevo curso, aunque a veces no seamos conscientes.
La pregunta es si nosotros contribuimos a ese cambio.
Es cierto que cada día tomamos continuamente decisiones que dan un sentido a nuestra vida, pero ¿Aceptamos los grandes cambios?.
Sin tener en cuenta que esto es un trabajo de economía( por ahora) y llevándolo a mi vida personal, yo creo que nos cuesta.
Aunque parezca una tontería, el cambio más grande que tuve estos últimos meses en mi vida es el de iniciarme en bachiller.
Para empezar no me tocó con nadie conocido en clase, los libros aumentaron considerablemente de tamaño respecto a los de 4º de E.S.O. y no sabía cómo enfrentarme a esta nueva etapa.
La primera semana me pareció horrible, estaba muy asustada y no sabía cómo actuar.

Después de unos días se nos propuso leer este libro. Creo que fue lo mejor que me pudo pasar en ese momento.
Me di cuenta de que el miedo no me dejaba vivir una nueva etapa de mi vida. Empecé siendo Hem, pensando que ojalá estuviera aun en la E.S.O y aunque no me convertí ni en Escurridizo ni en Fisgón, por lo menos pasé a ser Haw.
Esta es la forma en la que me ayudó a mi este libro.

En economía pienso que puede ser de gran importancia que la mentalidad de la gente sea variada, pero que no existan Hem. Porque las empresas tienen que evolucionar conjuntamente con la sociedad. Si en vez de anticiparse al cambio, dejan que este llegue primero, puede que pase que la tardanza de reacción les cause importantes pérdidas.
Es cierto que hay caminos oscuros y peligrosos que pueden causar algunas pérdidas en las empresas, pero el quedarse quieto puede ser aun más peligroso, porque si una empresa no cambia y siempre va a haber otra que si que lo haga, probablemente la que se dejó llevar por el miedo sufra grandes pérdidas o incluso una quiebra

Tania Fernández Navia

A seguir, o traballo completo que Tania realizou sobre o libro:

Kien de Ha Llevado Mi Queso
Get your own at Scribd or explore others:
Sign up for a Free Account It's quick and easy.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...