segunda-feira, 28 de junho de 2010

E, fóra das aulas, un filme de matemática

Dimensions... une promenade mathématique é o título do filme cuxo primeiro capítulo deixamos a seguir. Foi Premio d’Alembert 2010, outorgado pola Société Mathématique de France (SMF) e recebérono os creadores de Dimensions: Aurélien Alvarez  (realización e posprodución), Étienne Ghys (roteiro e matemáticas) e Jos Ley (gráficos e animacións).
Aquí poden verse todos os capítulos e aquí os detalles que acompañan cada un. Se o que interesa é descargar o filme ou seguilo noutras línguas, entra nesta páxina.
Moitas grazas, Víctor (Biblioteca Poeta Díaz Castro), por informares.


Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...