
Veña quen o desexar: fica o convite feito!
Mañá, sábado, homenaxearemos no instituto o Zeca Afonso, a quen pertencen as palabras que dan título a este escrito.
Os Departamentos de Portugués dos centros en que se estuda lingua 
portuguesa en Lugo (Escola Oficial de Idiomas, IES Ánxel Fole e o noso propio centro) organizamos unha actividade que pretende, dunha parte, aproximar a cultura portuguesa do 
noso alumnado e da cidadania que queira participar e, de outra, 
homenaxear o grande cantor e poeta portugués, cando se 
completan 40 anos do seu primeiro concerto en Lugo.
Esperámosvos! 
 
 
 
 
 
Sem comentários:
Enviar um comentário