segunda-feira, 2 de dezembro de 2013

Beatriz Meilán: perseguindo soños

Acábase de estrear a derradeira película producida por Cool Films. Trátase dun pequeno grupo de actores que aínda que con poucos recursos, pero con moita paixón, loitan polo teatro galego. Facer isto posible, ten aínda mais mérito, pois todos os actores da película, que se dedican aos seus traballos ou estudos, atoparon pese as dificultades, tempo libre para facer este traballo. O crime da legua dereita está baseada en feitos reais que se produciron en 1911, levada aos tempos actuais. Un crime que se cometeu na Terra Chá, e que tivo as súas orixes en Madrid. Alí por aquelas datas se atopaba unha enferma de cancro de pel. Polo consello dun curandeiro e para seguir a instrucións dun macabro ritual, que pensaban que lle acadarían a súa curación; cavilaban que si se lle colocaba a pel da cara de alguén arrancada en vivo, se curaría. E así o fixeron, levando a cabo tan horripilante acto, cun veciño dunha aldea da referida comarca galega. Cando a pel chegou a Madrid, a rapaza xa estaba morta. A casa na que se produciu a desgraza foi a mesma na que gravaron as esceas para a película. Trátase do lugar de A Legua Dereita, situada entre os Concellos de Vilalba e Begonte. A actriz Beatriz Meilán forma parte das personaxes principais; unha ex-alumna do Centro, que agora esta estudando Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Xa dende nena, participou activamente entre outras, nas actividades de Teatro no Centro de Fingoi. A nosa profesora de Lingua do Centro, sempre a animou a proseguir nesta actividade cultural. Bea lémbrase das súas participacións no Teatro, con moita morriña e saudade. Por certo, a propia Mavisa xa ten antecedentes con outros alumnos do centro: ao gran actor Luis Tosar  pois, no seu criterio, estaba feito para o mundo da interpretación. Anos despois, é un dos actores destacados do panorama cinematográfico mundial. Pero volvendo a Bea, este no é o seu primeiro traballo no cine, pois xa vén de participar en varias curtametraxes, actuando numerosas veces no Círculo de las Artes, e facendo varias performances en plena rúa. Cabe sinalar que ao preguntarlle como ten tempo para estudar, e dedicarlle tamén tempo ao Teatro, sen esquecer a os seus amigos, ela responde: “cando de verdade sentes paixón por algo, e aínda que non teñas moito tempo, falo con ledicia. De tal xeito, organízaste e así se só tes unha hora para estudar a aproveitas máis que se tiveras toda a tarde”.
Fontes: Artigo por Isabel Vázquez Nuñez- 1º BAC C
            Título por Lucía Saavedra González- 1º BAC E
             Fotos: Equipo Biblioteca e Isabel Vázquez Nuñez
Beatriz Meilán: O Crime da legua dereita on PhotoPeach

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...