segunda-feira, 17 de novembro de 2014

Concurso de curtas co movil



Concurso organizado pola Axenda de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Xunta de Galicia

1. Obxectivo do concurso
  • Explorar e dar a coñecer a creatividade audiovisual dos mozos e mozas, a través da gravación de micromovies.
  • Fomentar o traballo en equipo dos mozos e mozas, así coma o uso da Lingua Galega nas TICs.
  • Sensibilizar sobre a importancia do desenvolvemento tecnolóxico da Comunidade e dar a coñecer a estratexia global tecnolóxica impulsada pola Xunta de Galicia.
2. Características dos participantes

2.1. A participación no Concurso é gratuíta e diríxese a persoas matriculadas na ESO ou Bacharelato da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre 14 e 18 anos (ambas as dúas inclusive).
2.2. Neste concurso poderase participar tanto individualmente como por grupos dun máximo de 5 persoas. Este punto ten como finalidade fomentar o traballo en equipo.
2.3. Cada centro educativo inscribirá ao número de grupos ou persoas participantes que considere axeitado, coa única limitación dunha única curta por equipo-grupo.
2.4. Cada equipo designará un titor que forme parte do persoal docente do centro educativo. A súa tarefa será velar polo cumprimento das normas do concurso e levar a cabo a inscrición e a entrega das curtas para o concurso.
2.5. Non poderán participar menores de 14 anos, persoal empregado das entidades organizadoras e colaboradoras nin os seus familiares directos; tampouco se poderá presentar o persoal empregado nin os familiares directos de calquera empresa que participe baixo contrato na promoción ou na xestión técnica do concurso.

3. Inscricións

Os centros educativos interesados en participar, realizarán a súa inscrición gratuíta a través dun formulario online dispoñible no Blog Xente Dixital (http://blog.adg2020.es/). Xunto á cumprimentación do formulario o/a titor/a do equipo deberá achegar o link ao vídeo que debe ser previamente subido a unha canle de YouTube do centro educativo ou titor/a.

O prazo de inscrición está aberto dende o 15 de setembro de 2014 ata o 30 de outubro de 2014 (amplíase ata o 30 de novembro) (que coincidirá co prazo de entrega da curta).

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...