quinta-feira, 19 de março de 2015

Concurso de presentacións audiovisuais

O IES Terra de Trasancos convoca a VIII Edición do concurso "Ignacio López Bueno" de presentacións audiovisuais, que este ano terá como tema a luz: “Ilumíname”, para celebrar o Ano Internacional da Luz e así comunicar á sociedade a importancia da luz e as súas tecnoloxías asociadas no mundo actual, en áreas tan importantes como a enerxía, a educación, a saúde, a comunicación, etc…

Este concurso vai dirixido ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos que estean matriculados no presente curso en centros de Galicia.

O traballo consistirá nunha presentación informática ou audiovisual en calquera tipo de formato cunha duración máxima de 2 minutos.

Haberá dous premios divididos en dúas categorías:
  • Premio para alumnado de ESO dotado con diploma e 120 € en material audiovisual ou informático.
  • Premio para alumnado de Bacharelato e Ciclos dotado con diploma e 120 € en material audiovisual ou informático.
Os traballos terán como data límite para a súa presentación o día 9 de abril do 2015.

Bases do concurso: pincha aquí


Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...