BASES DO CONCURSO
PRIMEIRA
Poderán participar todas as persoas interesadas,
sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
SEGUNDA
O concurso está dirixido ao alumnado do Centro. Porén,
admitirase a participación do resto da Comunidade Educativa (pais,
profesores, persoal non docente), mais fóra de Concurso.
TERCEIRA
Poderán ser bilingües sendo unha das linguas a galega,
a outra ou outras opcionais.
CUARTA
Valoraranse
a presentación e a creatividade, así como a orixinalidade e a corrección da
lingua usada. No caso de empregar Power Point, con música ou imaxes,
serán valorados positivamente.
QUINTA
Aceptaranse, como máximo, dúas creacións por
participante.
SEXTA
A data límite de presentación é o xoves 10 de
decembro 2015. Enviaranse ao enderezo: biblioteca@iesollosgrandes.org
SÉTIMA
No e-mail requirirase presentar, ademais,a
seguinte información: o nome e apelidos, curso e grupo.
OITAVA
O acto de entrega de premios terá lugar na Biblioteca,
o luns 14 ás 11h15, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público
en xeral.
NOVENA
Todos os traballos serán publicados na páxina web da
Biblioteca:
e ademais o
traballo que acade o primeiro premio será empregado para as felicitacións
oficiais.
DÉCIMA
Premios:
1º Premio:
Vale canxeable na cafetería do centro por valor de 5
consumicións.
2º Premio:
Vale canxeable na cafetería do centro por valor de 2
consumicións.
3º Premio:
Vale canxeable na cafetería do centro por valor de 1
consumición.
UNDÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación
destas bases.
Sem comentários:
Enviar um comentário