Concello de Arteixo.
Destinatarios/as
Poderán concorrer tódolos autores que o desexen con unha única obra, de temática libre e escrita en lingua galega.
Requisitos
Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior aos 15 folios nin superior aos 30, escritos con letra arial, corpo 12 e en tamaño DIN A4.
Os traballos presentaranse por cuadriplicado, mecanografados a dobre espazo, por unha soa cara e incluirán unicamente na portada o título da obra e un lema ou pseudónimo. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato LibreOffice, Word ou similar. Nun sobre pechado, no que tamén serán visibles o título e o lema, achegaranse no seu interior o título, o lema, o nome, o enderezo, o teléfono e o currículo do autor ou autora.
Bases
Pódense consultar as bases premendo aquí
Prazo
Ata o 1 de marzo de 2017.
Dotación
Tres premios:
- primeiro de 4.000 €
- segundo de 500 €
- terceiro de 300 €
Sem comentários:
Enviar um comentário