quarta-feira, 1 de fevereiro de 2017

Preparando a celebración do amor, San Valentín.

O noso corredor luce invernal, con folerpas que adornan o taboleiro e caen do ceo para anunciar que, como reza a frase extraída da serie Xogo de Tronos que nos preside esta tempada, o inverno xa chegou fai tempo. 
E ese frío hai que combatilo e unha maneira é con moito amor e agarimo, por iso xa estamos quentando motores con San Valentín.
San Valentín (14 de febreiro) en realidade é unha data sinalada con claro significado comercial, para que o noso espíritu consumista se manteña ocupado despois do Nadal. Na Biblio quixemos aproveitar para mellor celebrar o AMOR e que ademais isto durase máis que un só día (como debe de ser).

Durante todo o mes de febreiro nos recreos sonará como música de fondo temas pertencentes a bandas sonoras románticas, música de cine.

Creamos un pequeno rincón temático con libros e algunha película como suxestión para estas datas (e aínda nos queda algún que outro detalle que colocar).


E está en marcha un concurso de redacción sobre o amor, a idea é crear un texto de máximo 75 palabras que resposte á pregunta "Que é para ti o AMOR?". Temos tres premios para tres categorías (1º-2º de E.S.O., 3º e 4º de E.S.O. e Bacharelato). E máis detalles sobre as bases no mesmo taboleiro de anuncios do corredor.
Quen desexe participar debe introducir o texto nuns buzóns situados na zona da Biblioteca do corredor. 


Pero a que luce ben bonito o noso recuncho do corredor?
 

Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...