sexta-feira, 18 de janeiro de 2019

"Lalin´s Curse"

 

Isabel Terol, de alcume Isakytm, fou finalista do Webtoon Contest 2018 con "Lalin´s Curse" (A maldición de Lalín), un webcomic de estilo manga onde se suceden todo tipo de fenómenos paranormais no concello de Lalín: un grupo de rapaces e rapazas de 3º ESO investigan os extraños acontecementos que pasan no monte, nas súas casas.... ou quizáis só na súa imaxinación?

 

Qué é unha webtoon? É un comic que está pensado para ser lido en dispositivos móbeis, en vertical e cunha interface sinxela e mínima.

 

David e Félix son os protagonistas centrais desta banda deseñada, pero sempre van acompañados dos seus amigos e amigas, polo que hai un amplo abano de personaxes coas que identificarse (ou namorar). As paisaxes galegas e a cantidade de lendas e historias sobrenaturais fixeron que Isatkytm quixese ambientar a súa historia en Lalín, por onde pasou nunhas vacacións.

 


Sem comentários:

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...