Mostrar mensagens com a etiqueta Secundaria. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Secundaria. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 6 de outubro de 2016

Concurso de contos.


O Concurso de Contos da Fundación MAPFRE “Educa tu mundo” ten por obxecto fomentar a creatividade dos rapaces a través da redacción dun conto. Os participantes plasmarán un mundo mellor a través de contos (extensión máxima 1.200 palabras)  que versen sobre a prevención de accidentes e a seguridade viaria, a acción social, a arte como forma de coñecemento, a cultura aseguradora e os estilos de vida saudables.
Destinatarios: alumnado de secundaria.
Prazo de presentación: ata o 15 de novembro de 2016.
Inscripción e máis información: aquí
Premio:  un laptop, unha bicicleta ou unha camara deportiva

segunda-feira, 18 de janeiro de 2016

Concurso Odisea, XI edición


Desde o ano 2006 a sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) organiza un concurso on line de cultura clásica que cada ano versa sobre un tema e onde aparecen preguntas relacionadas cos currículos de Cultura Clásica, Latín e Grego que se imparten en Secundaria. O concurso ten dúas fases: a primeira   autonómica e a segunda estatal onde compiten os vencedores de cada autonomía ou sección.
 A  inscrición será  desde o 1 de decembro ata o  26 de xaneiro de 2016.  O concurso terá lugar entre os días luns 1, martes 2, mércores 3 e xoves 4 de febreiro (primeira fase), e os días mércores 17 de febreiro e mércores 2 de marzo de 2016 (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla nas bases e calendario do concurso.
Nesta edición participarán as seccións da  SEEC de Cádiz, Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla, Aragón, Canarias, Galicia, Extremadura, La Rioja, Valencia-Castellón e de Alacant,  Valladolid, e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC).
Navegaremos nesta nova aventura de ODISEA 2016 achegándonos a un novo tema: “La guerra en Grecia e Roma”.
Animamos unha vez máis a todo o profesorado e alumnado de  Cultura Clásica, de Grego e de Latín a participar no concurso coa ilusión renovada de contribuír así á pervivencia das clásicas no ensino secundario.
ODISEA 2016  “A guerra en Grecia e Roma”
Inscrición
Poden participar todos os alumnos que así o desexen, tanto de centros públicos coma privados, formando equipos de 3 alumnos como máximo. A inscrición realízase no período estipulado nas bases pola organización cubrindo un sinxelo formulario "en liña", dende a propia páxina do concurso: http://www.odiseaconcurso.org
Todos os equipos teñen que ter un profesor responsable. Un profesor pode representar varios equipos.
O Concurso
O concurso ten 2 fases, autonómica e estatal. A primeira dura 4 días (1, 2, 3 e 4 de febreiro) e consiste en responder, dende a páxina web deste, a unha serie de preguntas de resposta única, distribuídas do seguinte modo.
  • Primeiro día: 3 preguntas de mitoloxía (luns 1 de febreiro).
  • Segundo día: 3 preguntas sobre vida cotiá en Grecia e Roma (martes 2 de febreiro).
  • Terceiro día: 3 preguntas sobre Historia e Institucións grecolatinas. (mércores 3 de febreiro).
  • Cuarto día: día do preguntón. Formúlase unha serie de preguntas-pista e un preguntón, así chamado por ser de maior dificultade. A resposta do "preguntón" vén dada polas iniciais das respostas correctas das preguntas pistas. Estas tratan sobre Literatura grecolatina. (xoves 4 de febreiro).
Unha vez rematado o concurso, se se produce un empate entre varios equipos, algo habitual, celébrase un desempate entre eles  nunha sede designada pola organización e baixo a supervisión dun membro desta. Será o mércores 17 de febrero.
Fase estatal
Os gañadores da fase local compiten entre sí simultáneamente desde os seus centros, sempre coa supervisión dun miembro de la organización. Será o mércores 2 de marzo.
O tema
Nas últimas edicións elíxese un tema relacionado coa Antigüidade, que serve como fío condutor durante todo o concurso. En 2011 foi "A muller", no 2012 "As viaxes", no 2013 "A Educación" e no 2014 "O teatro en Grecia e Roma", no 2015  "O amor en Grecia e Roma". Para o 2016 o tema é “A  guerra en Grecia e Roma

Novidades e Calendario da edición 2016
Nesta edición contamos con dúas importantes novidades:
  • O factor tempo. O tempo só conta a partir das 9:30 do xoves 4 de febreiro, día do preguntón. A clasificación dos tres primeiros días realizarase en base aos puntos obtidos e a orde alfabética dos nomes dos equipos.
  • As horas do concurso. A raíz da incorporación de Canarias, agora as preguntas sairán publicadas ás 9:30 os catro primeiros días do concurso e o preguntón de desempate e o da final Estatal serán de 17:00 a 20:00 horas.
Premios
Os gañadores de cada sede reciben os premios en metálico designados pola organización local, na contía e número que ela decida (hai sedes que outorgan 3 premios, outras 6, etc.)
Ademais, o gañador da fase estatal recibe outro premio achegado a partes iguais polas sedes participantes.

quinta-feira, 23 de outubro de 2014

Concurso "Palabrasinpapel"

O concurso Palabrasinpapel pretende fomentar a creación literaria entre os alumnos de Ensino Secundario de toda España utilizando como aliados as novas tecnoloxías. Grazas ao incentivo deste concurso, os teléfonos móbiles, ordenadores portátiles ou tabletas converteranse en soportes da palabra, co obxectivo de crear un vídeo poema que cumpra cos seguintes requisitos:
  • un texto literario e orixinal, escrito por un dos membros do equipo. No caso de que o texto non estea escrito en español, deberá enviarse a súa tradución a este idioma.
  • banda sonora orixinal
  • o vídeo ou a imaxe fixa utilizada tamén debe ser orixinal
  • duración máxima de 3 minutos
  • ao final do vídeo poema teñen que aparecer os nomes do alumnado que participou na súa realización (máximo 3 alumnas ou alumnos).
Período de recepción dos poemas: 1 de outubro de 2014 – 31 de xaneiro de 2015

Na páxina web do concurso poderán subirse todos os vídeo poemas, facer un seguimento e votarse o premio especial do público, así como consultar as bases do concurso e outra información relevante: pincha aquí

terça-feira, 18 de fevereiro de 2014

Concurso escolar de debuxos Valedor do pobo

Co fin de promover o coñecemento dos dereitos humanos entre os escolares españois, a Valedora do Pobo de España, coa colaboración da ONG Globalización de los Derechos Humanos, convoca o "XI Concurso Escolar de dibujos Defensor del Pueblo" correspondente ao curso escolar 2013-2014.

Características dos debuxos: un debuxo con calquera técnica ou material, relativo aos dereitos humanos

Concederanse seis premios aos mellores debuxos (tres para Primaria e tres para Secundaria), consistentes en miníordenadores e unha axuda para gastos de traslado a Madrid dos escolares e profesores dos centros premiados para asistir ao acto de entrega dos premios, no Congreso dos Deputados.

De igual modo, na páxina web (www.defensordelpueblo.es) se incorporará toda a información sobre o citado concurso así como algúns materiais específicos para profesores

Data límite de presentación dos dibujos: 20 de abril

Bases do concurso: aquí


sexta-feira, 12 de outubro de 2012

Concurso de debuxos sobre dereitos humanos



"Concurso escolar de dibujos sobre derechos humanos. Defensor del pueblo 2012"  é un concurso para o alumnado de Secundaria.

Cada alumno/a poderá presentar un debuxo orixinal, con calquera material ou técnica, nunha folla de papel de tamaño A4, relativo aos dereitos humanos.

Premios: cinco para Primaria e cinco para Secundaria, consistentes nun ordenador portátil netbook para cada gañador

Prazo de presentación: finaliza o 20 de novembre de 2012

Convocatoria: aquí

.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...