Mostrar mensagens com a etiqueta día da biblioteca. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta día da biblioteca. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 7 de novembro de 2017

Concurso Escritura Rápida: gañadoras e gañadores.

O pasado día 24 de Outubro celebramos o Día da Biblioteca co noso II Concurso de Escritura Rápida.
Foi moi emocionante ver aos nosos e nosas participantes escribindo e inspirándose entre bolsiñas de chuches coas que lles agasallamos por decidir pasar ese recreo con nós.
No seguinte collage tedes ao gañador e gañadora na primeira liña, Óscar e Ana María, e na segunda liña os dous accésit concedidos este ano, a Xiao e Manuel.
Noraboa a tod@s, gañadores ou non!


quinta-feira, 19 de outubro de 2017

Concursos polo Día da Biblioteca.

O vindeiro martes, no recreo, e co gallo do Día da Biblioteca imos celebrar o noso II Concurso de Escritura Rápida. 
Só tedes que vir á Biblio a puntarvos co voso nome e seudónimo a usar como firma do voso texto antes dese día e o mesmo día 24, no recreo, vir pola Biblio. Alí darémosvos un sobre no que atoparedes un folio cunha frase escrita, frase que servirá para dar comezo ó voso texto. Dende aí, e nun tempo moi curto, deixaredes voar a vosa imaxinación.
Os dous textos premiados en cada categoría (Bacharelato e ESO) recibirán un vale de 15€ para gastar nunha libraría cercana e outros pequenos agasallos.




Tamén queremos dar publicidade e animarvos a participar na campaña que o Obervatorio de la Lectura y el Libro puxo tamén en marcha con motivo desta conmemoración: soamente tedes que enviar entre o 17 e o 24 de outubro á conta de Twitter ou en Instagram (@observalibro) coa etiqueta #Estoyenlabiblio, fotos tomadas nalgunha biblioteca (aproveitade a nosa!). Poderán ser imaxes tanto vosas a modo de selfie, coma feitas por outro ou doutras persoas. Non esquezades incluír na mensaxe o nome da biblioteca e a localidade onde se atopa.  Entre todas as fotos que recibidas, o Observatorio de la Lectura y el Libro elixirá as 10 que máis lle gusten e sortearán 3 lotes de libros.

Animádevos a participar!

quinta-feira, 3 de novembro de 2016

Gañadoras da I Edición do Concurso de Escritura Rápida.

Onte entregamos os seus ben merecidos premios ás gañadoras do I Concurso de Escritura Rápida do IES Ollos Grandes, celebrado con motivo do Día da Biblioteca o pasado 24 de Outubro.
As gañadoras recibiron os seus vales correspondentes para canxear nunha libraría cercana e ademais repartimos pequenos detalles para o resto dos participantes. Noraboa a tod@s e moitísimas gracias por participar!

 A continuación deixámosvos os seus microrrelatos para o seu desfrute.

quinta-feira, 22 de outubro de 2015

Día da biblioteca!




Como xa sabedes cada 24 de outubro celebrase o Día da Biblioteca. Comezaremos coas visitas e formación de usuarios en breve e toda a Comunidade terá o seu novo carné. Libros, películas, música... están agardando por ti.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...