El rasgo más significativo de Halloween es, probablemente, el miedo: los niños y niñas se disfrazan de todo aquello que, se supone, da miedo: esqueletos, monstruos, zombies, la muerte...; la gente da sustos; las historias son "de miedo"... incluso aquellas en las que los protagonistas son las personas o los objetos más inocentes... como en la siguiente historia (no he encontrado la versión en castellano pero si quieres leer el texto, pincha aquí):
¿Volverás a comer puré o pastel de calabaza disfrutándolos después de ver esta historia?????
quarta-feira, 28 de outubro de 2009
sábado, 24 de outubro de 2009
Bibliotecas Escolares
Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Dia da Biblioteca, en recordo da destrución da biblioteca de Sarajevo, incendiada no 1992 por causa do último conflito bélico dos Balcáns. E, coincidindo coa data, en Santiago de Compostela están celebrándose este fin de semana as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia 2009; nesta ligazón podes seguir algunha das charlas, grazas ao blogue das Bibliotecas Escolares.
E, caro profesorado, aquí podemos dispor de materiais das propias xornadas e outros recursos de utilidade para as aulas (lectura comprensiva, escrita, aprender a aprender...)
Vídeo-poema
"Falo como irmã aos povos cheios de sereias" é o título do vídeo-poema da ferrolá Iolanda Gomis; con esta obra, foi seleccionada entre máis de 300 participantes como finalista do Prêmio Internacional Poesia ao vídeo da V Fliporto (Festa Literaria Internacional de Porto de Galinhas, município de Ipojuca, en Pernambuco, Brasil).
Iolanda Gomis xa fora vencedora na última edición da Fliporto; participou tamén no libro colectivo Sempre Mar. Cultura contra a burla negra, na revista Vozes da Casa, noutras revistas literarias e no libro colectivo Travessias, resultado Fliporto de 2008.
No vídeo, escoitamos voces con diferentes sotaques e homenaxes-ecos de outras voces poéticas: podes encontrar algunha resonancia do poema Irmaus, de Celso Emilio Ferreiro?
Vía Portal Galego da Língua
quarta-feira, 21 de outubro de 2009
Samain, Santos, Halloween, Ano Novo Celta. Participa!
Estamos chegando mesmo á data dunha festa que celebramos desde tempos antigos: o Samain.
Esta palabra, de orixe irlandesa e que debemos ler [sáun], denomina unha celebración ancestral que aínda se mantén en moitos lugares da Galiza; é coñecida popularmente por Santos e, globalizadoramente, por Hallowenn.
A festividade celébrase na noite de 31 de outubro para 1 de novembro e representaba para os pobos celtas o inicio dun novo ano.
En anos pasados, o Departamento de Inglés organizaba un interesante concurso-exposición-degustación que agora ampliamos, co seu permiso, coas seguintes bases:
1. As participacións que inclúan texto poderán realizarse en calquera das linguas vivas que se estudan neste instituto: galego, castellano; alemán, francés, inglés ou portugués.
2. Categorías.Tipos de participación :
* Cabazas adornadas
* Posters alusivos á festividade
* Pasteis e doces relacionados coa festa
* Móbiles colgantes con motivos propios de Hallowenn/Samain
3. Datas e lugar de entrega de materiais participantes: 26-28 de outubro na biblioteca
4. Exhibición: De 29 de outubro a 3 de novembro
5. Premios: sorpresa!
6. Entrega de premios: Martes, 3 de outubro ás 11.15 na biblioteca
A participación está aberta a toda a Comunidade Educativa, aínda que os premios só serán atribuídos ao alumnado.
Non deixes de participar!
(Os cartaces anunciadores son da autoría do profesor Mateo Mendaña)
terça-feira, 20 de outubro de 2009
Belén (profe de música) en Nicaragua
Como saberedes case todos, a nosa compañeira Belén está a participar durante este trimestre nun proxecto cultural solidario en Nicaragua denominado RITMO EN LOS BARRIOS.
Tamén podedes seguir a crónica das actividades de Belén alí a través do seu blogue “A miña primeira gran viaxe, Nicaragua”Se o facedes veredes que unha das súas principais actividades nestes primeiros días é a de buscar patrocinadores dispostos a aportar cartos para poder financiar un gran concerto, que pretenden celebrar o día 8 de novembro, e que vén a ser o eixo do seu traballo deste ano e unha plataforma importante par dar a coñecer o seu traballo. Si pinchas aquí verás unha boa explicación do proxecto Ritmo en los Barrios.
Se algún de vós desexa colaborar economicamente con este proxecto pode facelo poñéndose en contacto con Rosa ( Departamento de Inglés) ou con Miguel (Departamento de Música)antes do 28 de outubro.
Moitas grazas (no seu nome).
Tamén podedes seguir a crónica das actividades de Belén alí a través do seu blogue “A miña primeira gran viaxe, Nicaragua”Se o facedes veredes que unha das súas principais actividades nestes primeiros días é a de buscar patrocinadores dispostos a aportar cartos para poder financiar un gran concerto, que pretenden celebrar o día 8 de novembro, e que vén a ser o eixo do seu traballo deste ano e unha plataforma importante par dar a coñecer o seu traballo. Si pinchas aquí verás unha boa explicación do proxecto Ritmo en los Barrios.
Se algún de vós desexa colaborar economicamente con este proxecto pode facelo poñéndose en contacto con Rosa ( Departamento de Inglés) ou con Miguel (Departamento de Música)antes do 28 de outubro.
Moitas grazas (no seu nome).
quarta-feira, 14 de outubro de 2009
O idioma: identidade, presente e futuro

Baixo este título, o foro “ÁGORA ABERTA: ideas, iniciativas e propostas...a tempo” organiza un debate que terá lugar mañá, xoves, 15 de Outubro, ás 20 horas no Salón de Actos do noso instituto.
O foro “ÁGORA ABERTA: ideas, iniciativas e propostas...a tempo” é un colectivo, aínda en trámite de constitución, de cidadáns e cidadás de LUGO que, despois de reflexionarmos sobre os novos proxectos de futuro que se nos anunciaron a resultas das pasadas eleccións autonómicas, valoramos colectivamente imprescindible contarmos todas e todos cunha opinión, o máis informada posible, sobre cada un deses novos proxectos. Somos, pois, un colectivo de cidadáns e cidadás ilusionados en indagar, descubrir e coñecer cada un dos proxectos e propostas que están a conformar a nosa vida ou a nosa persoal forma de ser e de estar na sociedade.
E queremos, ademais, trasladar esta preocupación a toda a sociedade, a calquer cidadán ou cidadá, sen máis discriminación que a de saber compartir o debate con absoluto respecto polo outro/a.
E queremos, ademais, trasladar esta preocupación a toda a sociedade, a calquer cidadán ou cidadá, sen máis discriminación que a de saber compartir o debate con absoluto respecto polo outro/a.
O idioma é sempre e en calquer lugar unha construción colectiva. O seu futuro, pois, incúmbenos a todos e a todas. Con este debate queremos, precisamente, mostrar ante o conxunto da cidadanía e, dende distintas perspectivas, as consecuencias que para o futuro do idioma galego van a ter as propostas que sobre o idioma está a poñer en marcha o goberno saído das últimas eleccións autonómicas.
Participación confirmada:
Laura Sánchez Tizón: catedrática da USC e exconselleira de Educación (PSOE)
Paco Rodríguez: catedrático de Literatura e socio-lingüista (BNG)
Agustín Baamonde: parlamentario por Lugo (PP)
Pendentes de confirmación:
Representante do Consello da Cultura de Galicia
Laura Sánchez Tizón: catedrática da USC e exconselleira de Educación (PSOE)
Paco Rodríguez: catedrático de Literatura e socio-lingüista (BNG)
Agustín Baamonde: parlamentario por Lugo (PP)
Pendentes de confirmación:
Representante do Consello da Cultura de Galicia
domingo, 11 de outubro de 2009
Premio Nobel de Literatura 2009

Herta Müller, escritora de origen rumano, ha ganado el Premio Nobel de Literatura 2009. Como la mayoría de los escritores rumanos, escribe en otro idioma, en su caso el alemán, lengua que habla desde niña porque en la zona de Rumanía en la que creció había una gran colonia de germano-parlantes; además, emigró a Alemania, donde reside actualmente, escapando del régimen dictatorial rumano. Si pinchas aquí podrás leer un bonito y revelador reportaje sobre su vida y obra, que te aclarará porqué califican a esta escritora como "escrutadora de sombras".
sábado, 10 de outubro de 2009
Premio Nobel de la Paz 2009
El presidente de EE.UU., el Sr. Barack Obama, fue galardonado con el Premio Nobel de la Paz 2009. A algunos les parece una noticia excelente, sobre todo por lo que representa de empuje y esperanza para el futuro, mientras que a otros les parece muy injusto teniendo en cuenta no sólo la cantidad de gente que lo merece sino el hecho de que lleva tan poco tiempo gobernando que todavía no ha podido poner en práctica muchas de las cosas de las que habla. Como verás en el siguiente video, hay opiniones para todos los gustos...y tú, ¿qué opinas?
quinta-feira, 8 de outubro de 2009
Chicken a la Carte
Curtametraxe gañadora do festival de cine Green Unplugged , en Alemania.
Mostra unha parte da sociedade esquecida . A aqueles que , baixo o albor da pobreza, viven do lixo. Producido por Ferdinand Limadura foi seleccionado como o mellor entre 32.000 videos.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
II Concurso Lecturas Compartidas: Libros que deixan pegada Con motivo do Día do Libro e do Día das Letras Galegas , a Biblioteca Ollos Gran...