Mostrar mensagens com a etiqueta Agradecimento. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Agradecimento. Mostrar todas as mensagens
segunda-feira, 4 de abril de 2016
sexta-feira, 24 de maio de 2013
X. L. Novo Cazón
Sumámonos a este recoñecemento con que a veciñanza de Noche honra o noso caro compañeiro -tamén veciño- Xosé Luís Novo Cazón.
Reproducimos o artigo publicado por Xulio Xiz en La Voz de Villalba:
Reproducimos o artigo publicado por Xulio Xiz en La Voz de Villalba:
As nosas
xentes descobren, cada día, novos xeitos de honrar a conveciños que
se distinguen no traballo a prol dos demais, ou por accións que
benefician á colectividade.
Ata non hai moito tempo, só sabiamos
das declaracións que facían os concellos de Fillo predilecto ou
fillo adoptivo para honrar aos nacidos no concello ou aveciñados nel
que tivesen un relevante papel social. Pero agora hai outros
nomeamentos, como o de que en Guitiriz nomeasen a Alfonso
Blanco Torrado “veciño necesario” daquela comunidade, chegando á conclusión de que o crego Alfonso, co seu traballo relixioso, cultural e social, é imprescindible para Guitiriz e a Terra Chá, como todos sabemos desde hai moito tempo.
Blanco Torrado “veciño necesario” daquela comunidade, chegando á conclusión de que o crego Alfonso, co seu traballo relixioso, cultural e social, é imprescindible para Guitiriz e a Terra Chá, como todos sabemos desde hai moito tempo.
Outro exemplo témolo en Bazar, de
Castro de Rei, onde a parroquia ten proclamado veciño de honra a
Anxo Lamas, escultor, pero tamén pintor e poeta, do que o pasado
venres se presentou o libro “Tebras” na casa da cultura de Castro
Ribeiras de Lea.
E agora en Vilalba, en Noche, temos á
Asociación Nausti que vai honrar o sábado a un dos seus veciños, o
máis sobranceiro, José Luis Novo Cazón, cun xantar popular e
dándolle o seu nome ao novo centro social erixido no edificio que
foi escola parroquial.
Unha placa no edificio dará o nome
deste escritor, profesor e historiador que volveu ás súas raíces,
e vive en Noche, despois de acreditar un importante papel como home
de letras, de investigación e espallamento da cultura, e que desde
agora identifica, imprime personalidade e humanidade,
ao centro social da parroquia.
ao centro social da parroquia.
As declaracións oficiais dos concellos
nomeando fillos predilectos e adoptivos están moi ben, pero ás
veces presentan problemas políticos porque algún grupo pode non
estar de acordo coa declaración. E moitas veces son lentas, que se
dan a xente que ten a súa vida feita, e chegan ao remate da vida,
cando non é a título póstumo. Sen embargo estas declaracións
parroquiais ou asociativas, populares son naturais, espontáneas,
sinceras, e veñen sempre no momento axeitado, cando o homenaxeado
está no mellor da vida.
Unínomos a esa homenaxe popular en
Noche ao veciño máis sobranceiro, e dámoslle a noraboa ao profesor
José Luis Novo Cazón, pero tamén a todos os veciños de Noche por
saber mirar arredor de si e recoñecer o papel do profesor e amigo en
Vilalba e na Terra Chá. Noraboa a todos, e que cunda o exemplo de
recoñecer aos veciños destacados das nosas parroquias o seu
traballo e a súa relevancia social.
segunda-feira, 11 de junho de 2012
31 presentes de García Márquez
Con motivo do seu 85 aniversario, Gabriel García Márquez decidiu dar permiso para descarregar legalmente 31 das súas obras; entre elas, a máis admirada, Cien años de soledad, e a que el considera mellor lograda, El coronel no tiene quien le escriba.
Non hai xa desculpa para non se deliciar con estas lecturas que garanten momentos de vida.
O noso agradecemento polo presente e polos escritos!
Aqui están as 31 obras
segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012
Sánchez Ruipérez
Talvez estes apelidos sexan descoñecidos, mais Germán Sánchez Ruipérez e as Bibliotecas Escolares teñen intensa relación.
Por veces, a morte de alguén acorda en nós débedas non satisfeitas. É o caso deste mecenas dos libros e a lectura, falecido onte.
A súa fundación -Fundación Germán Sánchez Ruipérez- é unha importante fonte de recursos educativos, relacionados co libro e a lectura, a que acudimos con frecuencia desde as bibliotecas escolares; ten como obxectivos primeiros o estímulo das variadas formas de creación cultural e a contribución "ao fomento da lectura, á innovación educativa e ao desenvolvemento dos estudos universitarios", por palabras do seu presidente e fundador, agora falecido.
En perspectiva tiña a Casa del Lector -de próxima inauguración-, que pretende ser un centro internacional para a investigación, o desenvolvemento e a innovación na lectura.
segunda-feira, 31 de janeiro de 2011
¡Feliz aniversario del blog!
¡Gracias a María, creadora y alma de este blog que es un pozo sin fondo de información y de materiales, donde una podría perderse - por trabajo o por placer!
Éste es mi regalo para ella y todos los lectores, espero que os guste (gracias a Vity por el enlace)
Éste es mi regalo para ella y todos los lectores, espero que os guste (gracias a Vity por el enlace)
quinta-feira, 24 de junho de 2010
Unha linda historia
Que esta flor sirva de agradecemento, primeiro a José Saramago por nos ter deixado esta e tantas formosas historias e palabras; obrigada agora a quem colaborou con comentarios ou entradas ou leituras neste blogue, ás persoas que, co seu labor, fixeron e fan con que esta biblioteca chegue a ser algún día, "os ollos do cole", como dicia unha colega de outra biblioteca amiga.
Para quen gosta das historias, das palabras, das leituras.
Bon descanso!
Para quen gosta das historias, das palabras, das leituras.
Bon descanso!
Subscrever:
Mensagens (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...

-
Só coa túa colaboración, encotraremos solucións. Le con calma o cartaz que colocamos a continuación; se non entendes algo, pregunta ao pro...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...