Mostrar mensagens com a etiqueta Profesorado. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Profesorado. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 17 de janeiro de 2017

Por que son un profe pirata?


Por que son un profe pirata?, conferencia de Alberto Sacido Romero para TEDxGalicia


Profesor de Lingua Castelá e Literatura no IES Rosalía de Castro. Con máis de 20 anos adicado á docencia Alberto considerase actualmente un profesor pirata e curiosamente porque non fai máis que seguir o que lle indican as leis e as normativas de educación.


 


quinta-feira, 9 de outubro de 2014

Auxiliares de conversa

Presentamos os auxiliares de conversa que estarán con nós durante o curso 2014-15: Beatrice Maierhofer  (de Graz, Austria)y James Robert Fisher (de Derby, R.U.)




quarta-feira, 6 de novembro de 2013

Obituario de José Luis Novo Cazón


Falleció nuestro compañero José Luis Novo Cazón. Desde aquí, su lugar de trabajo desde hace muchos años, queremos enviar un fuerte abrazo a su mujer e hijos y queremos compartir la tristeza de este momento con sus ex-alumnos/as y ex-compañeros/as.

Quienes tuvimos la suerte de trabajar junto a José Luis somos conscientes del privilegio que supuso compartir esta labor con un profesor vocacional que trabajaba en pos de la Educación (sí, con mayúsculas), y que era un gran profesional tanto en su tarea de investigador como de profesor.

Fuimos testigos de su lucha contra su enfermedad - realmente cruel y dura en ciertos momentos; muchos recordaremos cómo una persona tan aparentemente depresiva era capaz de venir al instituto en chanclas en pleno invierno - porque era el único calzado que podía ponerse – y nos saludaba con una media sonrisa y un “¡no me pises que llevo chanclas!” (los "mayores" entenderéis el juego de palabras). Sus ganas de seguir trabajando en esas circunstancias fueron una lección de dedicación y amor por la profesión.

Sabemos que su muerte supone un cambio de página en nuestro instituto. Hace ya tiempo que, en las reuniones, echamos de menos su precisión en el uso del idioma (ya fuese gallego o castellano) y su espíritu conciliador. No será fácil encontrar un sustituto.

sexta-feira, 24 de maio de 2013

X. L. Novo Cazón

Sumámonos a este recoñecemento con que a  veciñanza de Noche  honra o noso caro compañeiro -tamén veciño- Xosé Luís Novo Cazón.
 Reproducimos o artigo publicado por Xulio Xiz en La Voz de Villalba:

As nosas xentes descobren, cada día, novos xeitos de honrar a conveciños que se distinguen no traballo a prol dos demais, ou por accións que benefician á  colectividade.
Ata non hai moito tempo, só sabiamos das declaracións que facían os concellos de Fillo predilecto ou fillo adoptivo para honrar aos nacidos no concello ou aveciñados nel que tivesen un relevante papel social. Pero agora hai outros nomeamentos, como o de que en Guitiriz nomeasen a Alfonso
Blanco Torrado “veciño necesario” daquela comunidade, chegando á conclusión de que o crego Alfonso, co seu traballo relixioso, cultural e social, é imprescindible para Guitiriz e a Terra Chá, como todos sabemos desde hai moito tempo.
Outro exemplo témolo en Bazar, de Castro de Rei, onde a parroquia ten proclamado veciño de honra a Anxo Lamas, escultor, pero tamén pintor e poeta, do que o pasado venres se presentou o libro “Tebras” na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea.
E agora en Vilalba, en Noche, temos á Asociación Nausti que vai honrar o sábado a un dos seus veciños, o máis sobranceiro, José Luis Novo Cazón, cun xantar popular e dándolle o seu nome ao novo centro social erixido no edificio que foi escola parroquial.
Unha placa no edificio dará o nome deste escritor, profesor e historiador que volveu ás súas raíces, e vive en Noche, despois de acreditar un importante papel como home de letras, de investigación e espallamento da cultura, e que desde agora identifica, imprime personalidade e humanidade,
ao centro social da parroquia.
As declaracións oficiais dos concellos nomeando fillos predilectos e adoptivos están moi ben, pero ás veces presentan problemas políticos porque algún grupo pode non estar de acordo coa declaración. E moitas veces son lentas, que se dan a xente que ten a súa vida feita, e chegan ao remate da vida, cando non é a título póstumo. Sen embargo estas declaracións parroquiais ou asociativas, populares son naturais, espontáneas, sinceras, e veñen sempre no momento axeitado, cando o homenaxeado está no mellor da vida.
Unínomos a esa homenaxe popular en Noche ao veciño máis sobranceiro, e dámoslle a noraboa ao profesor José Luis Novo Cazón, pero tamén a todos os veciños de Noche por saber mirar arredor de si e recoñecer o papel do profesor e amigo en Vilalba e na Terra Chá. Noraboa a todos, e que cunda o exemplo de recoñecer aos veciños destacados das nosas parroquias o seu traballo e a súa relevancia social.

sábado, 16 de março de 2013

Fundamental

Si, é fundamental (re)considerarmos o contido desta esclarecedora exposición dunha colega valenciana.
 Quen/que fracasa no ensino?


(Vía Bibliotecas Escolares)

segunda-feira, 9 de maio de 2011

Rosa I. Parapar, a camiño do pión. Parabéns!


Así é: nos Premios  Espiral de Edublogs, un pión representa a enerxía que a Asociación Espiral quere transmitir á blogosfera e simboliza o premio recoñecedor do traballo realizado por profesorado e/ou alumnado en blogues educativos.

Emocionámonos e alegrámonos moito por ser English for You, Rosa´s Blog, o blogue da profesora Rosa I. Pérez Parapar, un dos finalistas na categoría  Blogues de Profesorado: un merecido recoñecemento a un labor diario e que ocupa un tempo considerábel que, xenerosamente, oferece a alumnado e visitantes.


A Asociación Espiral, creadora do certame -neste ano con EducaRed-, é un colectivo integrado por profesorado, persoal técnico, persoas dedicadas á investigación, estudiantes e outras entidades con interese na promoción e na aplicación das tecnoloxías da información  e a comunicación na educación (TIC).

É de agradecer a promoción que supón a convocatoria destes premios, un referente xa para coñecermos blogues educativos que paga a pena seguir porque, na maioría, constitúen un fantástico apoio fora da aula -ou nela-. As Bibliotecas Escolares Galegas saben ben isto porque levan varios anos apresentando os seus blogues e, en ocasións, conseguindo o premio. Neste ano, volta a ser finalista Iniciarte, sitio moi unido ás Bibes Galegas e cuxa interesante información podedes ver na columna dereita deste noso blogue.


Parabéns, Rosa!. Con peón ou sen el, o premio está xa contigo e con quen seguimos o teu sitio.

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...