Mostrar mensagens com a etiqueta Imaxes. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Imaxes. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010

Semana da imprensa económica: imaxes

A biblioteca viveu unha actividade extraordinaria: diferentes departamentos implicaron o alumnado para traballar con xornais e revistas de economía en diferentes linguas e con obxectivos diferentes.

Para alén das actividades de aula-biblioteca, o alumnado asistiu a unha charla  de José Mª Álvarez Vilabrille, ao que lle damos a grazas por estar aquí xa que sabemos que, ademais de ter unha axenda apertada, desprazouse  a propósito desde Santiago para estar neste acto.

Vilabrille é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense e ten estudios de Dereito pola Universidade de Educación a Distancia (UNED). Entrou no diario El Progreso de Lugo como xornalista en prácticas e, tras unha primeira etapa como redactor de base, asumiu consecutivamente as xefaturas de sección de Galicia, Nacional e Peche. Posteriormente, foi nomeado redactor xefe, ao cargo das áreas de Local e Comarcas. Actualmente é director da Agencia Gallega de Noticias que é a única axencia de noticias de capital integramente galego da que é socio maioritario o grupo “El Progreso”. Tamén é director do primeiro xornal de economía galego NOVA + .
Aqui queda unha crónica fotográfica da semana:

domingo, 27 de janeiro de 2008

5. Pola Paz e a Non-violencia

A violencia nas súas diferentes formas, como manifestación do despropósito, é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Foron precisamente os sucesos acontecidos durante a Guerra de Independencia (1808-1814) os que deron lugar a que Goya efectuase unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestacións e consecuencias.

(...) Francisco de Goya, escéptico ante as xustificacións da guerra, lonxe de apoiar coa súa obra os postulados ideolóxicos dalgún dos bandos contendentes, mostra o rostro máis escuro e abxecto da guerra, o dos mortos e os seus asasinos, o dos indefensos e os seus prepotentes violadores, o dos que padecen e os dos que gozan co padecemento alleo.

(...) A sensibilidade de Goya ante estes acontecementos produciu non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental berro contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación ningunha, e que grazas ao maxistral do seu tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador comtemplar imaxes inherentes a toda guerra.

(...) As obras de Goya de contido bélico non mostran aos heroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos gravados amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera preséntannos feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal do heroísmo, a brutalidade, a fame, a deseperación, a destrución, pero sobre todo a morte. E todo iso protagonizado polo pobo anónimo, verdadeira vítima da guerra.

José Manuel Mantilla. El libro de Los Desastres de la Guerra. Francisco de Goya. Madrid, 2007, Arlanza Ediciones.




Nota: Os títulos dos gravados reproducen a ortografia orixinal de Goya
Quinto traballo colaborativo dos
Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...