quinta-feira, 30 de março de 2017

Concurso "Contos sobre rodas"


XVII Concurso Contos sobre Rodas
Destinatarios/as
Persoas de calquera idade.
Convoca
Empresa ALSA.
Obxectivo
Fomentar a creación literaria referida ao ámbito das viaxes e o transporte en autocar, así como promover o hábito da lectura entre os viaxeiros.
Requisitos
  • Poden participar no concurso cantos autores o desexen, cunha ou máis obras escritas en castelán.
  • As obras deberán ser orixinais e inéditas, e ter algunha relación co mundo das viaxes e o transporte en autocar.
  • A extensión non poderá ser superior a 10 folios ou DIN A4 mecanografiados por unha soa cara cunha extensión máxima de 3.000 palabras.
Prazo
Ata o 30 de abril de 2017.

Bases do concurso: aquí
Premio
O Xurado, cuxo fallo será inapelable, concederá un único premio dotado con 6.000 euros.
O fallo farase público o 30 de xuño de 2017 a través da páxina web: www.alsa.es


sexta-feira, 24 de março de 2017

Sementando poesía en Lugo



Non sei se coñecedes o Mercado da Terra. Trátase dun punto de encontro de compra-venda de produtos ecolóxicos, naturais, locais e de temporada  que decorre todos os martes, entre as 17:00 e as 20:00 da tarde no Mercado Municipal de Lugo, na rúa Quiroga Ballesteros.

E ten algunha relación  o Mercado e a Biblioteca? Desta vez, moita: entre as interesantes e diversas actividades que organizan, a do próximo martes, dia 28, ás 17:30, abraza Poesía, Papel e Terra.

Acudindo a Sementando Poesía, as persoas participantes poderán elaborar papel reciclado; entre as fibras das follas resultantes, inseriránse sementes de diferentes plantas. Despois, é o momento de as persoas se expresaren con debuxos, poemas, cancións...
Aínda, unha vez acabadas a elaboración e a parte creativa, poden "sementarse", oferecéndoas como presentes  a alguén. E falta o máis bonito: estas follas poden sementarse de verdade para agromaren as sementes e... quen sabe se a poesía...

Con esta actividade, Do Mercado da Terra reivindican o seu labor, ao tempo que manifestan a relación estreita daquilo que os ocupa co respeito e amor pola Terra.

A asistencia vai ser, como sempre, gratuíta e dirixida a todas as idades.

A non perder!


La voz de Galicia


XIV Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil (Curso 2016-17)

Descrición
O concurso busca que o alumnado se familiarice coa lectura e o manexo do xornal e desenvolver a súa capacidade de exposición e redacción, baseándose en informacións publicadas na edición impresa ou dixital de La Voz de Galicia (Mellor Xornalista Infantil) ou mediante traballos orixinais de elaboración propia (Mellor Xornalista Xuvenil).
Destinatarios/as
Todo o alumnado galego de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de FP.
Criterios de valoración e requisitos
Avaliarase o interese dos traballos, o estilo xornalístico, a corrección gramatical e a presentación da páxina.
En ambas as categorías, a infantil e a xuvenil, os profesores deberán coordinar e revisar o traballo dos alumnos, ademais de orientalos na súa elaboración. Os/as docentes responsabilizaranse da autoría real e orixinalidade dos traballos que se presenten a concurso e, así mesmo, velarán por que o seu contido non sexa ilícito, ofensivo ou discriminatorio, nin lesione bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe, de terceiros.
Idioma
Os traballos poderán presentarse en castelán ou galego.
Prazo
Ata o 30 de abril de 2017.

Máis información aquí


quinta-feira, 23 de março de 2017

Concurso Odysseus



Convoca
Unidade de Cultura Científica do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA).
O proxecto Odysseus II está financiado polo Programa Europeo Horizonte 2020 para investigación e innovación, en virtude do acordo Nº 640218 e está apoiado por un sólido consorcio formado por 14 socios e 4 organizacións de apoio procedentes de 11 países europeos.
Destinatarios/as
Alumnado con idades comprendidas entre os 7 e os 22 anos. Todos os participantes ou equipos deben presentar un debuxo orixinal de ciencia espacial ou un proxecto baseado nos temas específicos para cada categoría

Poderán participar:
  • Skywalkers: de 7 a 13 anos (nados/as entre o 1 de abril de 2003 e o 31 de marzo de 2010, ambos incluídos)
  • Pioneers: de 14 a 19 anos (nados/as entre o 1 de abril de 1997 e o 31 de marzo de 2003, ambos incluídos)
  • Explorers: de 17 a 22 anos (nados/as entre o 1 de abril de 1994 e o 31 de marzo de 2000, ambos incluídos)
Obxectivo
Dar a coñecer o mundo da exploración espacial á mocidade europea a través de diferentes actividades educativas, nas que se combinará a aprendizaxe científica con experiencias prácticas.
Condicións
Os gastos de viaxe e aloxamento -billetes de avión / tren, aloxamento, comidas e seguro- para participar nas Finais Rexionais e Internacional estarán cubertos pola organización do Concurso Odysseus II, de acordo co establecido, e dentro duns límites razoables. Os gastos derivados de acompañantes,  gastos correntes, etc., correrán a cargo dos participantes ou os seus patrocinadores.
Prazo
Ata o 31 de marzo de 2017.
Dotación
  • Grand Premio: Viaxe ao Centro Espacial de Guayana. Diploma de "Novo Embaixador Europeo do Espazo".
  • Gañadores Nacionais: Viaxe á cidade onde se realice a semifinal rexional. Medalla conmemorativa gañadores. Todos os participantes recibirán un certificado de participación no Concurso de Odysseus II.
  • Premio Finalistas: un telescopio computarizado para cada alumno finalista - gañadores das semifinais rexionais. Viaxe á cidade onde se realice a Final Internacional (gastos de viaxe, aloxamento, manutención, seguros, visitas e participación no evento).
Máis información: aquí

quinta-feira, 16 de março de 2017

Monólogo `No sólo duelen los golpes´


Pamela Palenciano, de 31 anos, foi maltratada polo seu mozo dos 12 aos 18 anos. Neste monólogo analiza os clichés do amor romántico e ensina a detectar os pimeiros signos do maltrato. 

No vídeo, os primeiros minutos son de presentación. O monólogo empeza no minuto 4:30.



Gracias ao blog Trafegando ronseis polo enlace.

terça-feira, 14 de março de 2017

"Fálame da emigración" (2º encontro)

Os alumnos de 2º A, que participaron no proxecto “Fálame da emigración”, en colaboración con Afundación (obra social de Abanca) tiveron o 2º encontro desta actividade. Na primeira parte escoitaran experiencias de persoas da terceira idade que foron emigrantes en distintos países.
Agora, despois de facer unha investigación na súa familia, oito alumnos expuxeron, para esas mesmas persoas e para os seus compañeiros, as historias que viviron os seus parentes.
Como remate da actividade fixeron unha análise conxunta das causas, consecuencias e circunstancias da emigración galega ao longo dos dous últimos séculos.

 Carmen e Clara quixeron expoñer as súas impresións que deixamos a continuación.
 
A miña impresión tras compartir a experiencia dos valentes que viviron a emigración foi moi enriquecedora.
Teño oído dicir que “quen non pasou fame, non pode falar dela” e hoxe, por fin, entendo o que quere expresar. Cando un só fala desde a cabeza, non pode transmitir o que sente desde o corazón. As persoas que viven unha situación así e a contan, non contan só unha historia, senón que tamén comparten as emocións e os sentimentos que viviron.
Só se pode explicar un sacrificio tan grande como é deixar as comodidades e a seguridade do fogar pola aventura do descoñecido e o medo que deberon sentir, se se pensa no inmenso amor e a necesidade de levar o pan para a casa.
Esa necesidade, movida polo amor á familia, é case a única maleta que levaron os que marcharon da nosa terra sufrindo soidade, penurias, morriña e medo, e que se enfrontaron a todo coa coraxe dos valentes.
Por iso quero honrar a esta xente con todo o meu respecto e admiración, e, a partir de hoxe, sentirme agradecida a aqueles que un día o deixaron todo polos que quedamos aquí. Grazas.
Carmen Victoria González Fernández (2º A de ESO)


Esta experiencia  pareceume moi boa e entretida, tanto para os nenos como para os anciáns e demais participantes. Nunca pensei que un neno de 13 ou 14 anos e unha persoa de 80 se puidesen levar tan ben. É por iso que me gustou tanto, xuntar dúas xeracións totalmente distintas.
Tamén me gustou moito a idea de facer públicas as historias para que non queden no esquecemento.
Agora sei moitas máis cousas sobre a miña familia e sobre a emigración. Cambiou a miña percepción canto aos anciáns, nunca pensei que fosen tan simpáticos, amables e graciosos.
Sen ningunha dúbida repitiría esta experiencia que, polo menos para min, foi inesquecible. Paseino moi ben falando e facendo actividades con eles. Encantoume escoitalos e escoitar un anaco das súas vidas.
Clara de Castro Leira (2º A de ESO)
!
"Afundación#ç""$
&
(&
'*
)


Emigración on PhotoPeach
 

Clica aquí se queres ler os traballos que xa están publicados na páxina web de Afundación. Tamén podes ver máis fotos.

segunda-feira, 13 de março de 2017

Imaxes de homenaxes.

Estabamos pendentes de colgar algunhas imaxes do recital poético realizado polo alumnado de 2º Bach C na homenaxe que se fixo a Rosalía de Castro na semana do 28 de febreiro. O poemiña protagonista do recital foi "Adiós ríos, adiós fontes".


E como remate á Semana da Muller, o venres no recreo as alumnas de 4º da ESO de Música fixeron unha pequena intervención musical no corredor diante da Biblio, interpretando unha pequena peza folk norteamericana chamada "Rose, Rose". 
 
 

sexta-feira, 10 de março de 2017

Lost in translation

" En un mundo tan conectado e intercomunicado como el nuestro, tenemos más medios que nunca para expresarnos, para explicar a los demás cómo nos sentimos, y para compartir lo importante y lo trivial de nuestros días. Sin embargo, la inmediatez y la frecuencia de nuestros intercambios dan lugar a tantos malentendidos que, ahora más que nunca, lo que realmente queremos decir queda muchas veces lost in translation... Si algo puedes sacar de este libro... es la reafirmación de que, como ser humano, estás fundamental e intrínsecamente unido a cada una de las personas de este planeta a través del lenguaje y los sentimientos... " Son palabras de Ella frances Sanders , autora de Lost in translation.
Podes atopalo na sección de novidades da Biblio.




quinta-feira, 9 de março de 2017

Concurso Balbino de relatos "O rural galego"

Convoca
Técnicas & Gramaxes co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e mais da Deputación de Pontevedra.
Obxectivo
Ser un estímulo para todas as persoas que queiran promover e dar a coñecer Galicia e a súa lingua e cultura propias desde as temáticas máis vencelladas á nosa tradición, idiosincrasia ou costumes.
Descrición
A segunda edición do Concurso Balbino de Relatos premiará o mellor traballo inspirado no rural galego.
Este concurso está aberto a todas as persoas de calquera nacionalidade e idade que presenten os seus traballos escritos en lingua galega
Dotación
1500 €.
Requisitos
Poderán presentarse a el textos orixinais, propios e inéditos (relatos ou serie de relatos) inspirados na temática do rural galego ata o vindeiro 30 de xuño e concorrerán a un premio único de 1.500 euros e mais a publicación da obra por Edicións Fervenza.
Prazo
Prazo de presentación ata o 30 de xuño de 2017
Bases: clica aquí

Creación dun Bibliotráiler

Convoca
Centro virtual Ler.es, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España (MECD) e dedicado ás alfabetizacións múltiples como ferramenta de coñecemento e aprendizaxe.
En que consiste
Na creación dun BIBLIOTRÁILER no que se recollan os mellores tráileres de animación baseados nunha obra literaria presentados polos centros docentes.
Obxectivos
  • Promover o desenvolvemento da competencia lingüística e a conciencia e expresións culturais a través das novas tecnoloxías, ademais da alfabetización audiovisual.
  • Axuntar o fomento da lectura co desenvolvemento de técnicas de animación e o uso das novas tecnoloxías.
Participantes
A convocatoria está dirixida a estudantes que cursen durante o período 2016-2017 algunha dos seguintes ensinos oficiais:
a) Terceiro Ciclo de Educación Primaria.
b) Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Bacharelato.
A participación na convocatoria realizarase a través do centro docente no que o alumnado estea a cursar os seus estudos.
Bases
Para acceder ás bases pica aquí
Criterios de valoración
1. A calidade artística dos traballos, prestando especial atención ás técnicas de animación empregadas.
2. A calidade lingüística dos traballos, a súa capacidade de síntese e o guión literario.
3. A orixinalidade e creatividade ao explorar enfoques innovadores.
Prazo de presentación
Ata o 16 de maio de 2017.

quarta-feira, 8 de março de 2017

Día da Muller

Hoxe conmemoramos o Día da Muller. No instituto decidimos vir de negro para apoiar a loita feminista e dende a Biblioteca tamén quixemos participar. 
Fixemos un collage coa silueta dunha alumna e nel pegamos imaxes de mulleres, imaxes positivas que iluminan ese recuncho do corredor.
Na nosa zona de suxestións temáticas preparamos cómics, novelas e libros de ensaio que tratan sobre mulleres.
 
Por outra banda, colgamos imaxes antigas de loita feminista, imaxes en branco e negro que nos recordan que esta pelexa vén de moito tempo atrás e que todavía continúa. 
Tamén durante os recreos estamos a poñer música feita por mulleres, dende Nina Simone a Sés pasando por Clara Schumann, entre outras.

E para rematar esta semana, o venres no recreo o grupo de alumnas de Música de 4º da ESO e alumnas de 1º de Bacharelato da asignatura de Expresión Vocal e Coral intervirán na Biblioteca cunha pequena peza tradicional.


 

quinta-feira, 2 de março de 2017

Rosalía "voa" en Norwegian.

Esta imaxe vai surcar os ceos a partir de agora gracias a esta aeroliña noruega que escolle a persoeiros de alta importancia para a cultura dun pobo e da humanidade en xeral e deste xeito dalos e dalas a coñecer e ao mesmo tempo recoñecer o seu enorme valor para a historia da humanidade. 
Bonita idea e da que nos debemos sentir ben orgullos@s.
Se queredes ler máis, aquí podedes facelo. 

 

Teatro ESO/BACH

O Centro de Documentación Teatral (CDT) do INAEM pon en marcha, coa denominación de TEATROTECA ESO/BACH, un servizo gratuíto de préstamo en liña de gravacións teatrais, para o seu uso na aula polos docentes dos departamentos de Lingua e Literatura dos centros educativos regrados nos niveis de ESO e Bacharelato.
A selección de títulos, que se irá ampliando, realizouse atendendo á súa relevancia e correspondencia cos textos dramáticos que se integran con facilidade no currículo da materia de Lingua e Literatura. La CelestinaEntremeses de Miguel de Cervantes; El Alcalde de ZalameaSainetes de Ramón de la Cruz; Don Juan TenorioLuces de bohemiaLa casa de Bernarda AlbaHistoria de una escaleraLa taberna fantásticaLas bicicletas son para el verano¡Ay, Carmela! y El chico de la última fila son a primeira selección das gravacións, realizadas en directo e sobre as táboas, que elixiu o CDT e ás que poderá acceder o responsable do Departamento tras rexistrarse como usuario da TEATROTECA (ESO-BACH) e recibir as claves de acceso.
Sempre no ámbito da aula, poderanse elixir en préstamo dúas gravacións, durante o prazo de sete días, que poderán visualizarse de forma simultánea ata en cinco dispositivos.
O CDT, contando co Equipo de gravación do Centro de Tecnoloxía do Espectáculo e co seu propio, veu conformando desde fai case catro décadas un arquivo único de gravacións de espectáculos teatrais en diferentes soportes. A creación dunha sección específica dentro da TEATROTECA, destinada directamente como instrumento de apoio audiovisual ao docente, enmárcase no compromiso do CDT de facilitar o acceso aos valiosos fondos da dramaturxia española.
Para máis información: http://teatro.es


25N. CONCURSO DE POSTERS.

                                                    Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...