terça-feira, 20 de abril de 2010
Encontro con Xabier Docampo
É a segunda vez neste curso que un escritor se encontra co noso alumnado de 2º de ESO: Xabier P.Docampo visitounos na semana pasada.
Nun ambiente distendido e lúdico (predominou o humor), Xabier apresentounos a literatura como unha necesidade humana, pois o home precisou contar desde os primeiros tempos da historia, desde as pinturas das caverna á actualidade. O ser humano procura a explicación do mundo e do que nel ocorre desde o corazón.
Analisamos con el as personaxes do conto da Carrapuchiña, aprezando a importancia deste xénero literario para ensinar a nenas e nenos valores que, de outro xeito, lles serían incomprensíbeis.
Falounos da lectura, acto de liberdade de homes e mulleres; quen le faino na procura dunha personaxe con quen nos identificar, do feito que nos ocorreu, interpretando -desde o noso sentir- as novas vivencias.
Despois de responder as preguntas realizadas sobre O pazo baleiro (lido pola maioría de asistentes) e de asinar exemplares, despediuse alentándonos, unha vez máis, a buscar un novo libro.
Moitas grazas, Xabier.
Teresa Vila
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
25N. CONCURSO DE POSTERS.
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
Con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a Biblioteca organiza u...
-
O poeta escolle abril De quen fuximos? Quizaves, dime, a cinza non rexeita a garrida mocedade e o sangue? En abril e maio non hai cin...
1 comentário:
O pasado martes, veunos visitar aos alumnos/as de 2º da ESO o escritor Xabier P. Docampo, veunos falar do seu libro "O Pazo Baleiro" que estamos a ler esta avaliación en lingua galega.
Xabier aparentou ser unha persoa cercana e con moito humor, pasamos a hora con bromas, que ao tonto dicían grandes cousas, grandes verdades que eu penso que nos fixo pensar un pouco a todos o que é realmente a literatura, e sacando como consecuencia que o ser humano necesita contar.
O acontecemento rematou con Xabier adicando e asinando algun que outro libreo e con moitos aplausos.
Enviar um comentário