Este é o título dunha carta publicada en El Progreso no pasado martes, día 26 deste mes de maio. Sendo da autoría dun aluno de ensino secundario e dada a actual polémica que envolve os usos públicos da nosa lingua, parécenos de interese reproducir aquí o texto da carta. Ao tempo, agradecemos ao seu autor a decisión de facer público o agravio vivido, nestes tempos de manipulacións mediáticas con vontade de confusión.
Respecto para o galego
Quería expresar, como participante na Olimpiada Galega de Química para alumnos da ESO , o meu malestar cós responsables da organización. Tanto nas listas oficiais, como no diploma que entregaron posteriormente, aparezo como Jesús Alejandro López Díaz, cando meu nome é Xesús Alexandre, tal e como reflicte o meu DNI e como consta no rexistro civil de Portomarín, onde son nado. Mándanos poñer o nome e o DNI nos exames e logo fan caso omiso deses datos e poñen o que queren… Coido que isto non tería acontecido no caso de chamarme Kevin, Jonathan ou Christian. Son galego, falo galego, chámome Xesús Alexandre e teño dereitos. E por riba din que se impón o galego! Por que será que comenzo a sentirme estranxeiro na miña terra? Xesús Alexandre López. Portomarín
El concierto de despedida de los estudiantes de 2º de Bachillerato fue especial este año, no sólo por la espectacularidad de la puesta en escena: los cambios de vestuario, los juegos de luces, los ritmos de las melodías... sino porque se respiraba el buen ambiente que, sin duda, reinó en las clases con este grupo durante el curso. La profesora, entregada y profesional, como siempre, pero los estudiantes también. A más de uno se nos cayó una lagrimilla con la dedicatoria que hicieron las alumnas/o a Belén en la estrofa final de la última canción. Y más de un profe comentó a la salida, "Qué envidia!"....That´s life!
Hoxe, ás 11.15, a biblioteca recibiu un lector e catro lectoras moi especiais: Ana, Aurora, Carla Samuel e Vanesa –faltou Nadia-, que partillaron con todo o persoal do centro as “pegadas” que consideramos máis emotivas, orixinais e de mellor expresión literaria. Faustino Martín, vicedirector, fixo a entrega dos premios.
Agradecemos moito, moito a súa colaboración e a de todas as persoas participantes; tamén aagradecemos a quen leu o que nos transmitiron coas súas impresións e suxestións.
Los miembros del coro de "profes" del instituto no necesitamos ninguna disculpa para animarnos a cantar, pero esta vez lo hicimos como parte de las actividades de celebración del 50 aniversario del edificio de nuestro instituto.
Durante todo el curso,un recreo a la semana (es decir, 25 minutos en el mejor de los casos)- cuando podíamos y los que podíamos, porque la verdad es que rara vez coincidíamos todos- bajabamos al aula de música donde ya estaba Belén esperándonos con una cálida bienvenida que animaba al ambiente distendido -y divertido- que hemos tenido en todos los ensayos.
Sabemos que no lo hacemos demasiado bien pero la verdad es que nos animamos con todo lo que Belén sugiere: que si canto gregoriano, que si espirituales negros ( ¡a cuatro voces!), que si música pop española (todavía inédita para el público, pero todo se andará...), que si canciones tradicionales gallegas... y ¡lo pasamos tan bien!
Como el tiempo de ensayo no llega, Belén nos envía los archivos con las melodías para "hacer los deberes" en casa y ¡vaya si los hacemos!. En este curso, más de uno de nuestros colegas le ha cogido tanto gustillo a esto de cantar que ya se ha apuntado en otros coros de la ciudad.
Ahora podríamos decir aquello de "gracias a nuestras familias" por su apoyo porque la verdad es que en casa damos un poco la lata con tanto gorgorito pero a quien tenemos que dar las gracias de verdad es a Belén, por animarnos, y a todos los del coro por los buenos ratos.
Lidas todas as "pegadas" que concorreron até o pasado día 18 de maio ao II Concurso Lecturas Compartidas. Libros que deixan pegada, o equipo da biblioteca resolveu dividir o valor dos premios, dada a calidade das participacións. Deste modo, recibirán un cheque de 35 euros para gastar nunha libraría as seguintes persoas:
* Premio ás pegadas máis emotivas:
Carla Rodríguez Piñeiro. 1º ESO B
Vanesa Fernández Eiras. 2º BAC F
* Premio ás pegadas máis orixinais:
Aurora Castañón García-Boente. 1º ESO C
Nadia Manteiga Raposo. 2º BAC E
* Prémio ás pegadas con mellor expresión literaria:
Ana Iglesias Pardo. 1º ESO C
Samuel Darriba Real 2º BAC F
Os 15 euros restantes serán investidos na compra de presentes simbólicos para participantes que destacaron pola calidade ou pola cantidade de "pegadas" e que, no entanto, non conseguiron premio.
A entrega de premios realizarase o próximo venres, día 29 de maio, às 11.15 na biblioteca.
Nos paineis situados ao lado da porta da bilioteca, están expostas todas as "pegadas" que non participaron por medio deste blogue; as demais poden lerse nos comentarios do post da convocatoria.
Desde a biblioteca agradecemos moitísimo que teñades participado no concurso, partillando as vosas lecturas de modo tan formoso. Grazas especiais ao alumnado de 1º e 2º de ESO e de Português II por concorreren maioritariamente.
Que a lectura continúe sempre alimentando a vosa vida.
Para alumnado de 4º de ESO ou 1º de BAC coas materias de Física e Matemáticas, a Faculdade de Física da Universidade do Porto convoca a Escola de Verão de Física (de 30 de agosto a 5 de setembro). O prazo para se inscribir acaba o 31 de Maio e, por tanto, até esta data, é necesario preencher aqui um formulario; ademais, o profesorado de Física e Matemáticas enviará, antes dese día, unha carta de recomendación do alumno ou alumna. A matrícula a pagar é de 60 euros e inclúe o programa científico, a estadía e as comidas desde o 30 de agosto ao 5 de setembro, alén de actividades de lecer. Deberá pagarse no primeiro dia da Escola.
No caso de non ser posíbel pagares esta cantidade, solicita ao teu profesor ou profesora que mencione na carta de recomendación que necesitas apoio financeiro.
Máis non se pode pedir. Non perdas a oportunidade.
Acabamos de coñecer a noticia de que o alumnado do instituto, dirixido polo profesor Rubén Borrajo, é finalista de El País de los Estudiantes. Sen tempo aínda para unha lectura demorada, encontramos ser esta unha edición con moito interese, moito traballo de calidade e ben programado. Queremos tempo para ler Solpor!
Moitas grazas, Roque Lazcano, David Blanco, Alejandro Pardo, Manuel Muñiz, Elena Centelles, María López Quiroga e Alba Carballal (redacción); outra vez, grazas a Roque, grazas, Mar Neira (confección); grazas, Rubén Borrajo, professor. Parabéns, xornalistas!!!
Recentemente, a profesora Rosa I. Pérez Parapar divulgou aquí a noticia de que a alumna María López Quiroga fora visitada pola fortuna, ao ser unha das trece seleccionadas en España para cursar o bacharelato en Gales, nun dos Colexios do Mundo Unido (UWC), despois de se cantidatar e apresentar un proxecto.
Hoxe somos eco da noticia que El Progreso publicou no pasado día 16. E continuamos á espera dunhas palabras de María, cando menos para que colegas do centro saiban como participaren en edicións futuras, non cres, María?
E. R. LUGO. "María López Quiroga es un volcán de energía que se afana en parecer lo que no es. «Colegios del Mundo Unido (UWC, en terminología inglesa) es un proyecto educativo muy importante a nivel internacional», asevera; «cualquiera puede beneficiarse de algo tan maravilloso como esto. Sólo hay que apuntarse a becas y probar suerte». Le incomoda que se incida en que su expediente habla por ella como una alumna sobresaliente de 1º de ESO en el instituto ‘A Nosa Señora dos Ollos Grandes’ y prefiere pasar por alto que es la merecedora de una de las trece becas concedidas en España para continuar estudios en uno de los centros de aquel proyecto. Pero es una chica de 17 años que acumula ese bagaje.
A finales de agosto, María iniciará una estancia «casi utópica» para concluir en Cardiff el bachillerato en uno de los centros de UWC. Esta iniciativa educativa, presidida por la reina Noor de Jordania, aglutina doce instituciones con el propósito de acercar a jóvenes de distintos países (alrededor de un centenar) para fomentar «la armonía y el entendimiento universales », apostilla María.
La lista de estudiantes ilustres que han pasado por alguna de las dependencias de UWC reúne a científicos, pensadores y políticos de renombre. Pero a María lo que ahora mismo le llena es la posibilidad «de disfrutar de una vivencia única, de enriquecerse con un entorno rodeado de gente de culturas muy diferentes».
El perfil de esta pizpireta lucense cautivó al comité de selección de las becas, que la eligieron como beneficiaria de una de la ayudas anuales íntegras —«sólo los viajes corren por tu cuenta»— por delante 480 aspirantes españoles. «En una de las fases del proceso de selección teníamos que presentar un proyecto. El mío lo redacté por la noche antes de irme a un viaje a Italia», asegura, mostrando su perfil intrépido; «e improvisé al defenderlo. Y parece que les gustó». A sus padres no les agradaba tanto la idea de perderla de vista hasta 2011. «Pero ahora ya se han hecho a la idea», concluye."
Mario Benedetti acaba de falecer. Temos, para sempre, a súa poesía.
¿Qué les queda a los jóvenes?
¿Qué les queda por probar a los jóvenes en este mundo de paciencia y asco? ¿sólo grafitti? ¿rock? ¿escepticismo? también les queda no decir amén no dejar que les maten el amor recuperar el habla y la utopía ser jóvenes sin prisa y con memoria situarse en una historia que es la suya no convertirse en viejos prematuros
¿qué les queda por probar a los jóvenes en este mundo de rutina y ruina? ¿cocaína? ¿cerveza? ¿barras bravas? les queda respirar / abrir los ojos descubrir las raíces del horror inventar paz así sea a ponchazos entenderse con la naturaleza y con la lluvia y los relámpagos y con el sentimiento y con la muerte esa loca de atar y desatar
¿qué les queda por probar a los jóvenes en este mundo de consumo y humo? ¿vértigo? ¿asaltos? ¿discotecas? también les queda discutir con dios tanto si existe como si no existe tender manos que ayudan / abrir puertas entre el corazón propio y el ajeno / sobre todo les queda hacer futuro a pesar de los ruines de pasado y los sabios granujas del presente. Botella al mar El mar es un azarVicente Huidobro Pongo estos seis versos en mi botella al mar con el secreto designio de que algún día llegue a una playa casi desierta y un niño la encuentre y la destape y en lugar de versos extraiga piedritas y socorros y alertas y caracoles.
Hoxe, Flocos TV, o Cineclube do Audiovisual Galego, inaugura nova sección: Literatura Galega no Cinema.
Recomendamos que visitedes a páxina e, mentres non pasades por Flocos, deixamos aquí Río de Sombras, unha versión do relato "O Suso" de O Crepúsculo e as formigas de Méndez Ferrín. E dedicámolo especialmente para o alumnado de 2º de bacharelato -e tamén de 4º de ESO- que anda ás voltas coa "Nova Narrativa".
Río de sombras levou o Gran Premio Especial do Xurado no festival de curtametraxes de Alcalá de Henares en 1987. "Está dirixida por Daniel Domínguez, un dos mellores guionistas galegos. E, como curiosidade, no seu equipo conta con nomes que destacaron despois por distintos motivos: foi a primeira actuación pública de Alberto Comesaña e Teté Delgado, e tamén interveñen a cantante Uxía Senlle e Raúl Francés, actual alcalde do Porriño. A música é de Quico Paz Antón (Na Lúa) e o axudante de dirección foi Manolo González, director da Axencia Audiovisual Galega".
Hoxe, 17 de maio de 2009, hai 146 anos que se publicou o primeiro libro, da Idade Contemporánea, integramente escrito en lingua galega: Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. E, cen anos despois, no 1963, instituiuse o Dia das Letras Galegas.
Neste ano, recordamos e/ou coñecemos Ramón Piñeiro, un lugués de Láncara que, nos anos da posguerra, traballou con outros para fundar a primeira empresa editorial para as letras galegas: Galaxia.
Precisamente, desde o venres pasado, podemos ver no C. S. Uxío Novoneira, a exposición Ramón Piñeiro: olladas no futuro, organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galiza. En palabras dos organizadores, é a máis importante exposición de todas cantas mostras durante este ano poderemos ver sobre Piñeiro".
A estas alturas, a maioría se ten xa informado algo do seu labor. Moitas son as páxinas que nos permiten coñecer o valor da súa obra, do seu traballo, das pegadas que deixou. Na columna lateral do blogue, tés unha selección e, a seguir deixamos un vídeo elaborado por estudantes e profesorado do colexio da Baña que encontramos moi útil e agradecemos:
Onte, 15 de maio, foi apresentada a edición de 2009 da revista Tempus das Letras.
Con excelente coordenación de Áurea M. Penas Roibás e rigoroso traballo de alumnado ( en maior medida) e profesorado, finalmente, viu a luz a tan esperada edición deste ano, do mellorciño dos últimos temposme unha boa mostra do que deben ser os traballos colaborativos; non a perdades. Grazas a Tempus, coñecemos as obras premiadas no Concurso Literario e de Banda Deseñada deste ano, fallado onte. Por agora, só divulgamos aquí a autoría de quen logrou algún premio, mais estamos desexando que creadoras e creadores ou a dirección da revista nos facilite a publicación dos textos. Parabéns para todas estas persoas e grazas por compartirdes connosco as vosas creacións:
Poesía:
1º Premio: Cinzas de Roque Lazcano Vázquez (2º Bac. E)
2º Premio: É tan difícil de Judit Arango Arias (2º Bac. B) 3º Premio: Vida de Sara Iglesias Vázquez (1º Bac. F) Narrativa:
1º Premio: 2039 de Anxos Fazáns Estévez (1º Bac. F) 2º Premio: Agochada de Sara Iglesias Vázquez (1º Bac. F) 3º Premio: Pensamentos de Xabier Rodríguez Fraile e Juan Fernández Ferreiro (2º de Bac. A
Banda Deseñada:
1º Premio: Eva López Quiroga(1º B de ESO) 2º Premio: Alba Carballal Gandoy (1º Bac. B) 3º Premio: Ana Gallego Rodríguez (1º Bac. B)
E, como sabedes, neste ano celebramos o 50 aniversario da construción do edificio en que hoxe se ubica o instituto. A revista Tempus das Letras non esqueceu esta efeméride e a biblioteca tamén ten algo preparado. Se queres información dos actos, visita a páxina do centro.
Están desenvolvéndose nestes días múltiples actividades e, por veces, profesorado e alumnado que non pode participar por obrigas académicas, mesmo descoñece a súa existencia: o acúmulo de cartaces informativos, en ocasións, limita coñecermos a información que transmiten. É por iso que queremos ser eco do esforzo e ilusión que colegas das diferentes materias e de diferentes cursos realizan fora das aulas. Na semana pasada, o alumnado de 1º de ESO correu, mais un ano, pola lingua (Correlingua 2009); e, como sempre, pensamos que podemos rentabilizar esta actividade se quen participou na carreira opina, nos comentarios a esta entrada, sobre o vivido, sobre o interese do Correlingua...É máis un ritual arredor da lingua ou consegue que algunha persoa deixe de alonxarse do noso maior sinal identitario?
Atletas pola lingua
Recentemente, o alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato asistiu a unha charla sobre Xornalismo no Salón de Actos:
E, aproveitando que a Equipa de Normalización Lingüística, en especial a súa coordenadora, Auri, é responsábel de varias actividades, divulgamos, a continuación, unha imaxe de agradecemento da Coordinadora Galega de ENDL
El próximo domingo 17 de mayo habrá las siguientes celebraciones:
* Día das letras galegas, dedicado este año a Don Ramón Piñeiro . Picha aquí para saber más sobre él y sobre la celebración.
* Día de internet , declarado como tal por las Naciones Unidas en 2005. Aquí tienes más información sobre este día y aquí sobre su tema este año: Protección de los niños en el ciberespacio.
* Día Nacional de Noruega. Si quieres saber algo más sobre este país, pincha aquí.
* Día internacional contra la homofobia (=rechazo a la homosexualidad y a los homosexuales). El grupo canadiense "Fondation Émergence", defensor de los derechos humanos, celebró por primera vez este día en Montreal en 2003. Pincha aquí, si quieres saber más.
O pasado 13 de maio o grupo de 4ºC celebrou o día escolar das matemáticas participando na actividade Matemáticas na Rúa. Tratábase de percorrer distintas estacións matemáticas distribuídas polo recinto amurallado resolvendo problemas de aritmética, xeometría e lóxica. Había, ante todo, que divertirse xunto a 400 rapazas e rapaces de toda a provincia, e a experiencia pagou a pena.
Queremos destacar o excelente traballo en equipo realizado, o compañeirismo, a ilusión alí deixada, todo o esforzo compartido. Todo un 10.
De seguido amosamos unhas fotos tomadas nesta mañá na que disfrutamos coas matemáticas:
O alumnado de 3º de PDC ven de conmemorar o 200 aniversario de Charles Darwin e o 150 aniversario da Teoría da Evolución coa realización dun traballo colaborativo para a materia de Ámbito Científico. Recollimos libros sobre a evolución na biblioteca e seleccionamos unha serie de revistas de carácter científico que durante os primeiros meses do ano adicaron números especiais á dita efeméride. A ferramenta tecnolóxica empregada foi Google Docs Presentations.
Unha mostra do traballo final, composto por 70 diapositivas, foi exposto nos corredores do noso centro:
Pensas que es unha persoa que coñece a literatura galega? Presumes de ter lido todo? Non tes lido nada pero pensas que paga a pena comezar a ler? Simplemente desexas gañar 300 €?
Este é o reclamo con que a AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) tenta convencerte para que dediques uns minutos do teu tempo a participar nun xogo literario -moi fácil- co que, alén de aprenderes algo e entreterte, podes gañar un premio económico.
Só tes que clicar aquí e xogar.
Se chegas a gañar, infórmanos. Boa sorte!
Rotundo éxito de la obra de teatro "Galicia no mundo" en su estreno.
La profesora Doña Aurea Castro Conde presentó hoy a los estudiantes de primer ciclo de la ESO de nuestro centro la obra de teatro "Galicia no mundo". Esta obra forma parte del proyecto interdisciplinar "Europa" en el que los estudiantes de 1º ESO han estado trabajando durante todo el curso.
Con una actuación impecable de los actores y actrices y un trabajo realmente profesional de los técnicos de luces, sonido, etc (todos ellos estudiantes de 1º ESO... y la ayuda de algún que otro profesor/a)la obra deleitó a todo el personal que llenaba el salón de actos.
Dentro de unos días se repetirá la representación en un recreo para que podamos disfrutarla todos.
Congratulations, Aurea and company!!
quarta-feira, 6 de maio de 2009
FiLMES AO TEU DISPOR
Sección dedicada a informar e comentar audiovisuais que temos ou imos comprando e que están ubicados na Aula de Vídeo para o uso de todas e todos. Agradecemos xá que deixedes aqui os vosos comentarios sobre obras vistas e/ou suxestións de compras daquilo que consideredes interesante.
Un mundo a su medida
DIRECTOR Peter Chelsom GUIÓN Charles Leavitt (Novela: Rodman Philbrick) MÚSICA Trevor Jones FOTOGRAFÍA John de Borman REPARTO Sharon Stone, Gena Rowlands, Harry Dean Stanton, Gillian Anderson, Kieran Culkin, Elden Henson, James Gandolfini
Dous rapaces non integrados na sociedade parten á busqueda de grandeza e bondade só para descubrir o tesouro máis poderoso de todos: a amizade. Todo empeza cando Kevin Dillon e a súa nai se trasladan á veciñanza onde viven Maxvell Kane e os seus avós. A pesar dos seus trece anos, a aparencia de Max é a dun xigante, con problemas na escola, falto de valor e que non encaixa en ningún modelo social. Pero na súa vida entrará Kevin, un pequeno con máis labia, brío e intelixencia que calquera outro rapaz da cidade.